Sobre
FSIE Galicia.

Quen somos

A Federación de Sindicatos Independentes da Ensinanza de Galicia (FSIE-GALICIA) somos unha organización sindical que nace aló polo 1985, sendo o noso ámbito de actuación a Comunidade Galega e intégrana:

SPE

Sindicato Profesional da Ensinanza (A Coruña).

SIELU

Sindicato Independente de Ensinanza de Lugo.

SIEO

Sindicato de Independentes da Ensinanza de Ourense.

ASIEPO

Asociación Sindical Independente da Ensinanza de Pontevedra.

Secretariado federal

Rogelio Fariñas

Yolanda Benito

Rodolfo Castro

Marta Consuegra

Joaquín Martínez

Mónica Fernández

Luis Román Suárez

Óscar Cofán

Á súa vez, estamos integrados na FSIE (Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza del Estado Español), 1ª forza sindical, a nivel nacional, no sector da ensinanza concertada, con representación significativa ademáis, no resto de convenios como o da ensinaza privada, atención a persoas con discapacidade, educación infantil, universidades, colexios maiores,...

O que nos define

Un gran grupo de profesionais e afiliados loitando polos dereitos dos traballadores da ensinanza.

Somos

Independentes

A FSIE-GALICIA somos unha organización sindical INDEPENDENTE dos Partidos políticos, das Organizacións patronais, do Goberno, das Administracións públicas e de calquera outra Entidade, Grupo ou Asociación allea ós intereses dos traballadores da ensinanza privada e como verdadeiros coñecedores do sector, loitamos pola defensa dos nosos intereses, así como pola LIBERDADE DE ENSINANZA.

Acadamos

Primeira forza sindical

A FSIE-GALICIA, vertebrada polos liberados, afiliados, delegados, candidatos, colaboradores e simpatizantes, ímonos afianzando cada vez máis como primeira forza sindical na nosa Comunidade Autónoma: O que anos atrás podía ser visto como unha utopía, hoxe, para ledicia nosa, estase a converter nunha realidade.

Estamos

Sempre presentes

Isto posibilita que a FSIE-GALICIA esteamos presentes na Comisión autonómica da Tripartita do Ensino Privado Concertado (CTEPC), nas de Concertos (na maioría das provinciais), nas de Gratuidade,..., así como tamén nas negociacións e posibles sinaturas dos distintos Acordos a acadar coa Administración autonómica que afecten á Ensinanza privada e ós seus traballadores: analoxía retributiva, incremento de Equipos docentes, acumulación das horas de lactancia, Paga de 25 anos...

En definitiva, a FSIE-GALICIA somos unha Organización na que todos os seus membros temos como máxima “A IGUAL TRABALLO, IGUAL SALARIO” e como obxectivo a consecución da DIGNIFICACIÓN SOCIAL E LABORAL de todos os traballadores da ensinanza privada.
Somos un sindicato creado por e para as traballadoras e os traballadores da ensinanza privada e concertada.
Por iso, si eres un profesional da ensinanza concertada ou privada, invitámoste a visitar este sitio e coñecer as últimas novidades do sector que máis che poidan interesar.

Desde FSIE GALICIA, grazas pola túa confianza.

 LOITANDO 
 POLA  TÚA   
 PROFESIÓN 
 do ENSINO.