Lingüística

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

INFORMACIÓN

PARA A TÚA
PROFESIÓN

Política lingüística.

Coñece a toda a información relacionada coa normalización e promoción do galego e accede a recursos de tradución e ortografía. 

Sobre que área concreta buscas información?

POLÍTICA
— LINGÜÍSTICA

1. NORMAS PLURILINGÜISMO

DECRETO PARA O PLURILINGÜISMO NO ENSINO NON UNIVERSITARIO DE GALICIA

Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

> Ligazón

2. PROMOCIÓN GALEGO

DECRETO DE PROMOCIÓN DO GALEGO NO SISTEMA EDUCATIVO

Decreto 124/2007, do 28 de xuño, polo que se regula o uso e a promoción do galego no sistema educativo.

> Ligazón

3. NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

1. PLAN DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O PARLAMENTO DE GALICIA aprobou, o 22 de setembro de 2004, por unanimidade, o Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega que se recolle na presente publicación.

> Ligazón



2. DECRETO DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Decreto 247/1995, do 14 de setembro, polo que se desenvolve a Lei 3/1983, de Normalización Lingüística, publicado o mércores 30 de abril do 1983 para a súa aplicación ó ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes niveis non universitarios.

> Ligazón


3. LEI DE NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Lei 3/1983, do 15 de xuño, de Normalización Lingüística.

> Ligazón

4. NORMATIVA GALEGO

1. CELGA

Celga é o sistema de certificación de lingua galega adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas.

Configurado mediante cinco niveis de coñecemento do idioma, recolle as habilidades que reflicten a competencia comunicativa nas distintas destrezas e agrupa os contidos en tres bloques:

> Lingua e comunicacion: funcións comunicativas
> Lingua e sistema: coñecemento do código
> Lingua, cultura e sociedade: contidos socioculturais

Os Celga permiten certificar o coñecemento que unha persoa ten do galego para os efectos de xustificar méritos ou requisitos laborais e académicos.

Os certificados obtéñense mediante un exame convocado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Tamén é posible obter a validación Celga dos estudos previos de galego.

> Ligazón


2. INSTRUCIÓN EXENCIÓN GALEGO E CERTIFICADOS OFICIAIS NIVEIS COÑECEMENTO GALEGO

Instrución para a aplicación da Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, en relación coa exención da materia de lingua galega, e da Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (en diante Orde Celga) (DOG núm. 34, do 19 de febreiro).

> Ligazón


3. INSTRUCIÓN REGULACIÓN CERTIFICADOS OFICIAIS ACREDITATIVOS DOS NIVEIS DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA (CELGA) A PARTIR DA IMPLANTACIÓN DAS ENSINANZAS DE F.P. E DO PMAR

Instrución para a aplicación da Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga), en relación coa validación de estudos polos ditos certificados, e da Orde do 10 de febreiro de 2014 pola que se desenvolve o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia, en relación coa exención da materia de lingua galega, a partir da implantación das ensinanzas de formación profesional básica e do Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento (PMAR) establecidas pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE)

A Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa (LOMCE) veu implantar novas ensinanzas como a FP básica, en substitución do Programa de cualificación profesional inicial (PCPI), e o Programa de mellora da aprendizaxe e do rendemento (PMAR), en substitución do Programa de diversificación curricular.

Tras a implantación destas ensinanzas nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia é preciso ditar as seguintes instrucións, co fin de telas en conta en relación coa validación de estudos polo Celga 3 e coa exención de materia de lingua galega.

> Ligazón


4. CERTIFICADOS OFICIAIS ACREDITATIVOS DOS NIVEIS DE COÑECEMENTO DA LINGUA GALEGA (CELGA)

ORDE do 10 de febreiro de 2014 pola que se modifica a Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga).

> Ligazón

5. NORMAS ORTOGRÁFICAS

1. NORMAS ORTOGRÁFICAS E MORFOLÓXICAS DO IDIOMA GALEGO (EDICIÓN 23ª)

Normas ortográficas e morfolóxicas (edición 23ª – 2012)

> Ligazón
> Versión reducida



2. SÍNTESE DOS CAMBIOS NO NOVO TEXTO DAS NORMAS ORTOGRÁFICAS E MORFOLÓXICAS DO IDIOMA GALEGO

Cambios no novo texto das normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego, aprobadas pola Real Academia Galega, en sesión plenaria do día 12 de xullo de 2003, con respecto ó texto da edición de 1995.

> Ligazón

6. RECURSOS LINGÜÍSTICOS

Dicionarios

Dicionario da Real Academia Galega

DIGALEGO. Dicionario de Galego

Tradutores

Tradutor Gaio

Tradutor Rinoceronte

Tradutor OpenTrad apertium

Toponimia e onomástica

Nomenclátor. Toponimia oficial galega

Toponimia de Galicia. Proxecto Galicia Nomeada

Aquén. Toponimia galega

AGon. Asociación Galega de Onomástica