FSIE 40 años

JPG Tablas salariales 20 21
FSIE asinou esta mañá xunto ao resto de sindicatos, excepto CIG, e patronais as Táboas salariais do Convenio de Concertada para os anos 2020 e 2021.

A firma produciuse como resultado do acordo, subscrito o pasado luns, sobre o VII Convenio de centros de enseñanza privada sostenidos total o parcialmente con fondos públicos.

Os seus efectos económicos serán retroactivos desde o 1 de Xaneiro de 2020 e as empresas deberán abonar os atrasos de 2020 e 2021 no tres meses seguintes á publicación do VII Convenio no Boletín Oficial do Estado.
As novas táboas contemplan subidas salariais en todos os conceptos e para todos os traballadores, niveis e categorías profesionais do 2% para 2020 e do 0,9% para 2021.

Ademais, como parte do acordo do VII Convenio, as futuras táboas salariais deberán ser aprobadas pola Comisión Negociadora dentro do prazo de tres meses seguintes á publicación no BOE da Ley de Presupuestos Generales del Estado correspondente ou a súa prórroga.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 150 anónimos e ningún membro en liña