FSIE 40 años

V Jornada Discapacidad
A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza culmina o ciclo de Xornadas "Compartiendo Experiencias" coa quinta edición que terá lugar o vindeiro luns 28 de Xuño. Na iniciativa participaron centros e asociacións de todo o territorio nacional, grazas aos cales puidemos coñecer a realidade da inclusión desde o movemento asociativo.

No que será o último encontro deste ciclo, abordaranse temas como a promoción da autonomía persoal das persoas con discapacidade intelectual, a preparación para o mercado laboral ou o día a día das persoas con Parálise Cerebral e as súas familias ao longo do seu ciclo vital. A presentación correrá a cargo de Jesús Pueyo Val, novo Secretario General de FSIE, e contará, como en anteriores ocasións, coa moderación de María Esther Jiménez, representante de FSIE para Discapacidade.
Os relatorios serán os seguintes:

  • Natalia García López, Coordinadora do Servizo de Promoción de Autonomía Persoal no Colexio Los Ángeles da Asociación IGUAL A ti (Logroño-La Rioja). Intervirá co relatorio " Modelo de Promoción de Autonomía Persoal para Persoas con Discapacidade Intelectual".
  • Macario Fernández Cuervo, psicólogo e orientador en Aspace Gijón (Asturias), con "As Persoas con Parálise Cerebral e as súas Familias, ao longo do ciclo vital".
  • Alaitz Uriarte Beitia, responsable de formación para o emprego do Centro de Formación Integrado Calasanz Santurtzi (Bizkaya), que nos ofrecerá o relatorio "Avanzando na Inclusión. A preparación para o mercado laboral como obxectivo. Unha experiencia de colaboración".
  • Irmás Hospitalarias, Centro Pai Menni en Galicia. Co relator e a charla por determinar.
A xornada, programada para as 18:00 horas, realizarase de maneira telemática a través da plataforma ZOOM. Para participar só tés que descargar a aplicación e inscribirte aquí.

Desde FSIE queremos agradecer, tanto aos relatores como aos participantes destas xornadas, a súa predisposición, entusiasmo e colaboración sen os cales non poderiamos levar a cabo esta iniciativa, cremos, tan importante para o sector da atención a Persoas con Discapacidade. Seguiremos traballando para mellorar as condicións dos traballadores e dar visibilidade á realidade e necesidades dos centros e usuarios dun sector crave para o desenvolvemento da nosa sociedade.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 35 anónimos e ningún membro en liña