FSIE 40 años

Ley FP
A Ministra de Educación e Formación Profesional, Isabel Celaá, presentou ao Consello de Ministros o borrador do anteproxecto da futura Ley Orgánica de Ordenación e Integración de la Formación Profesional. O texto consolida un sistema único de FP que integra a FP do sistema educativo e a FP para o Emprego nun só modelo flexible dirixido tanto a estudantes como a traballadores, empregados ou desempregados.

A futura norma establece así unha oferta ordenada en itinerarios formativos que permiten a progresión a través de cinco graos ascendentes:

  • Grao A:   Acreditación parcial de competencias
  • Grao B:   Certificado de Competencia Profesional
  • Grao C:   Certificado Profesional
  • Grao D: Ciclos Formativos (Grao Básico, Grao Medio e Grao Superior)
  • Grao E: Cursos de especialización (título de especialista e Máster Profesional)

Ademais, o texto establece que toda a oferta terá carácter dual e dividirase en dous tipos: a FP Dual Xeneral e a Avanzada. Na primeira, que non terá carácter laboral, o período de estancia na empresa será de entre o 25% e o 35% e a empresa asumirá ata un 20% dos contidos e resultados de aprendizaxe do currículo. Na Avanzada a formación en empresa será de entre o 35% e o 50% da duración total da formación, o centro de traballo impartirá ata un 40% dos módulos profesionais e establécese unha relación contractual do estudante coa entidade.

Entre outras novidades, a futura norma tamén axiliza o sistema de acreditación de competencias profesionais, consolidando o proceso iniciado o pasado mes de marzo coa aprobación do Real Decreto 143/2021, e regula a relación entre as ensinanzasde Formación Profesional e as Universitarias, recollendo o recoñecemento mutuo de formacións previas e impulsando novos modelos de colaboración e desenvolvemento de proxectos compartidos.

En canto ao profesorado, o texto incorpora a figura do titor dual do centro e do titor dual de empresa que levarán a cabo a avaliación do alumnado en cada un dos seus respectivos espazos, aínda que a avaliación final será responsabilidade do centro educativo. Ademais prevé a creación un novo corpo de profesores especialistas en sectores singulares, ao que poderán acceder técnicos superiores de FP en determinadas especialidades, e inclúe como docentes de FP aos profesores e formadores que prestan servizos en centros ou entidades non pertencentes ao Sistema Educativo. O borrador de anteproxecto tamén facilita que os docentes actualicen a súa formación con estancia en empresas.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 54 anónimos e ningún membro en liña