FSIE 40 años

Congreso E fisica
A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza colabora na organización do III Congreso Nacional e I Congreso Internacional sobre Rendimiento Deportivo, Actividad Física y Salud y Experiencias Educativas en Educación Física. O evento, programado inicialmente de maneira presencial para o pasado mes de abril de 2020, está promovido polo Departamento de Didáctica da Expresión Musical, Plástica e Corporal da Universidade de Jaén, a través do grupo de investigación Actividade Física e Deportes (HUM 790), polo Centro Universitario Sacra Familia de Úbeda e o CEP de Jaén.
Debido á pandemia por COVID-19 e a súa actual evolución, o congreso celebrarase de maneira online do 23 ao 25 de abril co obxectivo de dar a coñecer as últimas investigacións, experiencias profesionais e proxectos no tres ámbitos científicos e profesionais máis relevantes en ciencias do deporte como son a educación, a saúde e o alto rendemento deportivo. Para iso programáronse diversos relatorios, mesas redondas e talleres prácticos da man de profesionais do máis alto nivel nacional e internacional.

FSIE, como entidade colaboradora, anima a todos os profesionais do sector a participar xa que se trata dunha oportunidade única, non só para estar ao día nos últimos avances científicos en Educación Física, Deporte e Rendemento, senón para contactar e compartir experiencias con profesionais de gran prestixio neste ámbito. Os afiliados ao sindicato poderán gozar da tarifa reducida inscribíndose na "Modalidade B" indicando no campo "Centro ao que pertencen": FSIE - (provincia na que están afiliados).

Para máis información sobre o congreso podedes consultar a súa web ou contactar vía correo electrónico cos organizadores Daniel de la Cruz Manjón (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ) ou Manuel Lucena Zurita (Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.).

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 144 anónimos e ningún membro en liña