FSIE 40 años

DATAS PARA NON ESQUECER.-

20 a 31 de maio: Prazo para presentar as solicitudes.

7 de xuño: Último día para a comunicación ós traballadores..

14 de xuño: Remata o prazo para presentar as reclamacións.

22 de xullo: Último día para a Resolución da Comisión ás reclamacións.

COMISIÓN DE BECAS DE LUGO

Rúa Santiago, 2

27004 LUGO

Tfno.: 982221501

Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

BENEFICIARIOS/AS.-

a) Calquera traballador/a, docente ou non docente, dun Centro educativo concertado que teña algún fillo/a escolarizado/a no seu Centro ou noutro Centro concertado.

b) Os fillos orfos daqueles traballadores que ó falecer tiveran unha antigüidade superior a 2 anos.

c) Os fillos dos traballadores en situación de excedencia forzosa, agás o caso contemplado no art. 46.1.

REQUISITOS.- Haberá de ter unha xornada cando menos igual á metade da xornada laboral anual.

CRITERIOS.- Os establecidos no artigo 81 do Vi Convenio de Empresas de Ensinanza Privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos.

CONVOCATORIA/SEGUIMENTO.- Será a Comisión mixta provincial de Gratuidade, composta por representantes das organizacións empresariais e sindicais máis representativas do sector, a encargada de facer a mesma, establecer as datas do proceso e resolver as posibles reclamacións presentadas.

A TER EN CONTA.-

Cumprimentar unha solicitude por cada fillo/a.

No caso de cumprirche máis información ó respecto, convidámoste a que te poñas en contacto connosco no 982 241557, no 616189094  ou no correo-e Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., da FSIE-GALICIA en Lugo

Documentos relacionados

PROCEDEMENTO E PRAZOS
MODELO DE SOLICITUDE

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 107 anónimos e ningún membro en liña