FSIE 40 años

O día 11 de maio de 2021, foi constituída a Comisión Mixta Provincial de Gratuidade de Ourense.

DATAS PARA NON ESQUECER.-

27 de xuño: Remata o prazo para entregar as solicitudes.

3 de xuño: Daranse a coñecer as resolucións ós traballadores..

11 de xuño: Remata o prazo para presentar as reclamacións.

15 de xuño: Resolución da Comisión Mixta ás reclamacións.

COMISIÓN PROVINCIAL MIXTA DE GRATUIDADE DE OURENSE

r/ Bedoya, 9 (Colexio Marista Santa María) / Tfno.: 988228152

32004 OURENSE

Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

BENEFICIARIOS/AS.-

a) Os fillos daqueles traballadores, docentes ou non docentes,  escolarizados nun Centro concertado.

b) Os fillos orfos daqueles traballadores que ó falecer tiveran unha antigüidade superior a 2 anos.

c) Os fillos dos traballadores en situación de excedencia forzosa, agás o caso contemplado no art. 46.1.

REQUISITOS.- Haberá de ter unha xornada cando menos igual á metade da xornada laboral anual.

CRITERIOS.- Os establecidos no artigo 81 do Vi Convenio de Empresas de Ensinanza Privada sostidas total ou parcialmente con fondos públicos.

CONVOCATORIA/SEGUIMENTO.- Será a Comisión provincial mixta de Gratuidade, composta por representantes das organizacións empresariais e sindicais máis representativas do sector, a encargada de facer a mesma, establecer as datas do proceso e resolver as posibles reclamacións presentadas.

A TER EN CONTA.-

Cumprimentar unha solicitude por cada fillo/a.

No caso de cumprirche máis información ó respecto, convidámoste a que te poñas en contacto connosco 988254385 / 629794374 / 626532988 ou no correo-e, Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

Documentos relacionados

Modelo Solicitude 2021-2022

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 179 anónimos e ningún membro en liña