FSIE 40 años

Vacunacion
De non ser así haberá afectados que optarán por non vacinarse ou mesmo iniciar reclamacións xudiciais.

A xestión no Goberno do proceso de vacinación estivo presidida por constantes cambios e improvisacións que trasladaron a millóns de cidadáns unha clara inseguridade e desconfianza sobre un asunto tan importante e sensible para a sociedade.
A última decisión de suspender a segunda dose de AstraZeneca a persoal esencial que xa recibira a primeira ampliándose, ademais, o período de inoculación de 12 a 16 semanas, deixou nas pavías a moitas persoas que seguen desorientadas e non reciben explicacións convincentes por parte da Administración.

FSIE esixe ao Goberno, ao Ministerio de Sanidade e ás Comunidades Autónomas que a decisión que se anunciou para esta mesma semana en canto a continuar coa segunda dose de AstraZeneca ou cambiar a unha vacina doutra farmacéutica, estea baseada en evidencias científicas moi sólidas e contrastadas e que se fagan públicos os organismos e institucións científicas que a avalan.

Se as evidencias científicas non resultasen definitivas e concluíntes, o Goberno e as Comunidades Autónomas deben protexer a saúde destes cidadáns garantindo contornas de traballo seguras para estes traballadores.

De non ser así, a falta de confianza xerada na cidadanía fará que moitas persoas que xa recibiron a primeira dose opten por non pór a segunda. No caso de que a decisión sexa combinar AstraZeneca con outra vacina diferente deberán achegarse os estudos científicos contrastados que apoien tal decisión pois pola contra poderían comezar a interporse reclamacións xudiciais por danos e prexuízos.

FSIE espera e confía que os responsables políticos tomen a decisión final en base ao que a comunidade científica e organismos internacionais determinen e actúen con transparencia e unidade para transmitir total seguridade e confianza á poboación.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 259 anónimos e ningún membro en liña