FSIE 40 años

Para suxestións

Para dirixir as túas Suxestións ó correspondente FSIE provincial, clica no mapa sobre a provincia na que está o teu Centro de traballo:

 

Aviso legal

 

 

Titular da web

O dominio de Internet www.fsiegalicia.es é titularidade da FEDERACIÓN DE SINDICATOS INDEPENDENTES DE ENSINANZA DE GALICIA con CIF: G-32119075 e domicilio en, Rúa Pena Corneira, 4. Galerías - local 7, 32005 Ourense e cuxa dirección de contacto de correo electrónico é: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

  

Uso da web

O acceso e uso da web atribúe a condición de Usuario do portal, e implica a aceptación plena e sen reservas de todas e cada unha das condicións incluídas no presente Aviso Legal.

O Usuario obrígase a facer un uso correcto do Portal de conformidade coa Ley 34/2002, de 11 de Julio, LSSICE e o presente Aviso Legal e responderá de calquera dano e prexuízo que puidese ocasionar como consecuencia do incumprimento da devandita obrigación.

Queda expresamente prohibido o uso do Portal con fins lesivos ou empregar devanditos servizos e contidos de forma contraria á lexislación que sexa de aplicación, asimesmo utilizalos para actividades ilícitas, contrarias á boa fe ou á orde pública.

 
Contido da web e ligazóns

Os contidos desta web teñen como finalidade informar, xestionar e dar a coñecer, as actividades da FEDERACIÓN DE SINDICATOS INDEPENDENTES DE ENSINANZA DE GALICIA, esta, non se fai responsable do mal uso que se realice dos contidos da web, sendo exclusiva responsabilidade do Usuario que accede a eles ou os utiliza.

  

Propiedade intelectual da web

Todos os dereitos de propiedade intelectual do contido desta páxina web, o seu deseño gráfico e os seus códigos fonte, son titularidade exclusiva da FEDERACIÓN DE SINDICATOS INDEPENDENTES DE ENSINANZA DE GALICIA, correspondéndolle o exercicio exclusivo dos dereitos de explotación dos mesmos, sen que poida entenderse que o acceso ao Portal atribúa ningún dereito sobre estes.

Queda prohibida a súa reprodución, distribución, comunicación pública e transformación, total ou parcial, sen a autorización expresa de FEDERACIÓN DE SINDICATOS INDEPENDENTES DE ENSINANZA DE GALICIA Igualmente, todos os nomes comerciais, marcas ou signos distintos de calquera clase contidos neste web site están protexidos por lei.

  

Condicións particulares

A utilización de determinados Servizos e Contidos ofrecidos por FEDERACIÓN DE SINDICATOS INDEPENDENTES DE ENSINANZA DE GALICIA a través da web pode rexerse por Condicións particulares propias as cales poden completar e/ou modificar o presente Aviso Legal. Por tanto, con anterioridade á utilización dos devanditos servizos, o Usuario tamén ha de ler atentamente as correspondentes Condicións particulares dos mesmos.

  

Actualización e modificación da web

FEDERACIÓN DE SINDICATOS INDEPENDENTES DE ENSINANZA DE GALICIA resérvase o dereito a actualizar, modificar ou eliminar a información contida no seu Sitio web, e a configuración ou presentación do mesmo, en calquera momento, sen previo aviso, e sen asumir ningunha responsabilidade por iso.

  

Indicacións sobre aspectos técnicos

FEDERACIÓN DE SINDICATOS INDEPENDENTES DE ENSINANZA DE GALICIA non asume ningunha responsabilidade que se poida derivar de problemas técnicos ou fallos nos equipos informáticos que se produzan durante a conexión á rede de Internet, así como de danos que puidesen ser causados por terceiras persoas mediante intromisións ilexítimas fóra do control de FEDERACIÓN DE SINDICATOS INDEPENDENTES DE ENSINANZA DE GALICIA.

Tamén se exonera de toda responsabilidade ante posibles danos ou prexuízos que poida sufrir o usuario a consecuencia de erros, defectos ou omisións na información que facilitemos cando cumpra de fontes alleas a nós, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estrito exercicio das súas competencias.

 

Certificado de afiliación

Para acceder ó formulario electrónico Certificado de afiliación que che cómpre, clica no mapa sobre a provincia na que está o teu Centro de traballo:

 

Ley de Transparencia

Cumprindo coas esixencias da Ley de Transparencia(1) e respondendo á demanda por parte dos cidadáns de coñecer a que se destina o diñeiro que Institucións e Organizacións sen ánimo de lucro reciben dos fondos públicos, a Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanza de Galicia (FSIE-GALICIA)(2), sindicato con representatividade no ámbito do ensino privado e concertado e mais da atención ás persoas con discapacidade na Comunidade Autónoma de Galicia, quere facer público o seguinte:

FSIE-GALICIA, como Organización federal, está constituída por 4 sindicatos provinciais: Na Coruña, SINDICATO PROFESIONAL DE ENSINANZA (SPE); en Lugo, SINDICATO DE INDEPENDENTES DE ENSINANZA DE LUGO (SIELU); en Ourense, SINDICATO DE INDEPENDENTES DA ENSINANZA DE OURENSE (SIEO); en Pontevedra, ASOCIACIÓN SINDICAL INDEPENDENTE DE ENSINANZA DE PONTEVEDRA (ASIEPO).

O financiamento dela susténtase, principalmente, nas cotas dos seus afiliados.

Contabilízase, por outra banda, a subvención "PROGRAMA DE AXUDA PARA O DESENVOLVEMENTO DAS ACTIVIDADES ORDINARIAS DAS CENTRAIS SINDICAIS" da Dirección Xeral de Traballo e Economía Social da Consellería de Traballo e Benestar que anualmente, cunha contía variable, ven sendo concedida, previa xustificación de gasto. A axuda por este concepto, correspondente ao último exercicio de 2015, é: 8833,55 €

É importante sinalar que FSIE-GALICIA non retribúe de ningunha forma ás persoas que ostentan cargos directivos dentro da Federación nin a ningún dos seus liberados, se ben os gastos de locomoción, manutención e estancia, producidos como como consecuencia da acción sindical son reintegrados todos eles, previa xustificación, segundo se recolle no Reglamento del IRPF (RD 439/2007).

(1) Art. 6.1 da Ley 19/2013, de 9 de diciembre, de Transparencia, acceso a la información pública y buen gobierno.

(2) A Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanza de Galicia constitúese ó abeiro do previsto na Ley 19/1977, de 1 de abril, reguladora del derecho de Asociación Sindical; e na Ley Orgánica 11/1985, de 2 de agosto, de Libertad Sindical; e desenvolve as funcións propias da acción sindical no ámbito do ensino privado, privado-concertado e atención ás persoas con discapacidade.

FSIE ANTE O INFORME PISA 2012

Informe-PISA-2012Segundo a Secretaria de Estado, Montserrat Gomendio, a nova reforma educativa aprobada o pasado mes de decembro (LOMCE), virá mellorar estes resultados e convida ós profesores a liderar o cambio na metodoloxía que, segundo o Ministerio, persegue esta nova lei.

Efectivamente, de novo, os datos seguen confirmando a necesidade de introducir cambios e melloras no sistema educativo. Para FSIE, ese cambio non o pode liderar un profesorado ó que se excluíu da elaboración das reformas aprobadas na LOMCE e que, por tanto, non se sente involucrado nin identificado coa nova lei. Un profesorado ó que lle faltan as ferramentas necesarias (formación de calidade, recoñecemento social e económico,...) das que a Administración parece esquecerse nesta nova lei.

Os verdadeiros cambios e avances non poden producirse pola imposición dun goberno ou polos resultados dun só estudo como poida ser PISA. É necesario o diálogo e o consenso para poder avanzar e mellorar así como analizar todo o contexto e todos os datos que temos sobre o noso sistema educativo. Un consenso que leve ó pacto educativo tantas veces reivindicado por FSIE, no que os docentes teñan o protagonismo e recoñecemento que se merecen.

Clica aquí para máis INFO

 Banner Decalogo2

Temos 206 anónimos e ningún membro en liña