NOVA CONVOCATORIA CON INICIO EN DECEMBRO DE FORMACIÓN ONLINE DE IDD DOCENTE CERTIFICADA POLA UNIVERSIDADE SAN JORGE
- Detalles

Co inicio do novo curso volve tamén a formación online para docentes, certificada pola Universidad San Jorge, que FSIE pon a disposición dos seus afiliados con interesantes descontos.
Os cursos, facilitados pola plataforma Innovación y Desenvolvemento Docente (IDD), están especialmente deseñados para dar resposta ás necesidades actuais do sector cun enfoque fundamentalmente práctico e son válidos para Oposicións e Concursos de traslados. Ademais, todos os profesionais en activo de centros privados ou concertados poden bonificar estes cursos a través de FUNDAE, xestión que realiza IDD integramente, con excepción das formacións de preparación para o exame de Cambridge (FCE e CAE).
CENTOS DE VEHÍCULOS NAS RÚAS DE 5 CIDADES GALEGAS PITAN CONTRA A LOMLOE
- Detalles

Onte, 22 de novembro de 2020, a Plataforma Más Plurales convocou e levou a cabo en 5 cidades de Galicia (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo) outras tantas manifestacións en vehículos como protesta pola LOMLOE ou Ley Celaá. En todas elas, afectou en maior ou menor grao o estado de confinamento perimetral das grandes ciudades, pero aínda así a afluencia de vehículos foi en cadansúa considerable.
A CONCERTADA NON SE RENDE, SEGUIRÁ LOITANDO POR UN SISTEMA EDUCATIVO CON CALIDADE, EQUIDADE E LIBERDADE
- Detalles

A pesar de que o Pleno do Congreso aprobase o ditame elaborado pola Comisión de Educación, o sector non se vai render e continuará favorecendo que unha gran parte da sociedade exprese o seu rexeitamento a unha lei fortemente intervencionista que promove a restrición de dereitos e liberdades cidadás e atenta contra a pluralidade do noso sistema educativo, elemento sen dúbida clave nunha sociedade democrática.
Así, o vindeiro domingo 22 de novembro celebraranse en numerosas cidades de todo o territorio nacional, manifestacións con vehículos en defensa da liberdade de ensino e contra a Ley Celaá.
FSIE SÚMASE Á CELEBRACIÓN DO DÍA UNIVERSAL DO NENO RECLAMANDO "PARA CADA NENO, TODOS OS DEREITOS"
- Detalles

A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza lanzou a campaña "Para cada niño, todos los dereichos. De su protección y desarrollo depende el progreso de todos.", apoiando unha vez máis a iniciativa promovida por Unicef nun ano especialmente difícil debido á pandemia pola Covid-19.
Esta efeméride tén como dobre obxectivo a conmemoración da aprobación pola Asamblea Genereral da ONU da Declaración de los Dereichs del Niño, o 20 de Novembro 1959, e a importante tarefa de lembrar á cidadanía que os nenos son o colectivo máis vulnerable e que máis sofre as consecuencias de calquera tipo de crise, como é a sanitaria que estamos a sufrir este ano.
En pleno 2020 poderiamos dar por feito que os máis pequenos tén garantidos dereitos básicos como os recollidos na Convención sobre los Dereichs del Niño, en 1989, como poidan ser o dereito á saúde e unha correcta alimentación, a unha vivenda digna, a protección e poder expresarse libremente e, por suposto, a unha educación que lles prepare para a vida adulta, independentemente do lugar do mundo no que nacesen. Con todo, millóns de nenos de diferentes países do mundo non teñen acceso a ningún destes dereitos básicos, unha situación que a pandemia provocada pola Covid-19 empeorou.
MÁS PLURALES SOLICITA A PARALIZACIÓN DA LEY CELAÁ
- Detalles

Representantes da Plataforma Más Plurales, da que forman parte sindicatos, asociacións de familias, empresas do sector e diferentes organizacións educativas, rexistraron esta mañá escritos dirixidos á Presidenta do Congreso e aos Grupos Parlamentarios solicitando a paralización da LOMLOE. Os apoios recibidos nas últimas semanas constatan a enorme preocupación e rexeitamento que o Proxecto de Ley Orgánica de Mejora de la Ley Orgánica de Educación xera nunha parte importante da sociedade.
Como se veu denunciando desde as organizacións integrantes da Plataforma, estamos ante un Proxecto de Lei fortemente intervencionista que promove a restrición de dereitos e liberdades cidadás e atenta contra a pluralidade do noso sistema educativo, elemento sen dúbida clave nunha sociedade democrática.
A CONCERTADA CONTINÚA A SÚA CAMPAÑA E ANUNCIA UNHA MANIFESTACIÓN CON VEHÍCULOS PARA O DÍA 22 DE NOVEMBRO
- Detalles

A Plataforma Más Plurales reuniu polo momento o apoio de millón e medio de firmas á retirada da Ley Celaá
O día que no Congreso dos Deputados vótase o ditame do relatorio da LOMLOE na Comisión de Educación, onde por vez primeira se prohibiu a participación da comunidade educativa no debate sobre esta lei, centos de participantes concéntranse fronte ao Congreso dos Deputados para pedir por terceira vez a retirada da Ley Celaá.
A Plataforma Más Plurales pide a retirada da Lei para construír un sistema educativo non excluínte onde convivan de maneira complementaria todos os modelos educativos. Ademais, a Plataforma Más Plurales anuncia a celebración, o próximo 22 de novembro, en Madrid e en varias capitais de provincia, dunha manifestación con vehículos en defensa da liberdade de ensinanza e en contra da Ley Celaá.
Máis artigos
- O SECTOR DA CONCERTADA AMOSA A SÚA PREOCUPACIÓN ANTE A FUTURA REFORMA EDUCATIVA
- A LEY CELAÁ, UNHA LEI SOBRE TODO IDEOLÓXICA, ESTÁ A NEGOCIARSE ÁS COSTAS DA COMUNIDADE EDUCATIVA, SEN DIÁLOGO NIN CONSENSO
- MILLEIROS DE CIDADÁNS REXEITARON DE MANEIRA CONTUNDENTE A LEY CELAÁ
- A CONCERTADA EXPRESA ÁS PORTAS DO CONGRESO O SEU RECXEITAMENTO Á LEY CELAÁ
- PRESENTACIÓN DA PLATAFORMA MÁIS PLURAIS E DA CAMPAÑA "MÁIS PLURAIS, MÁIS LIBRES, MÁIS IGUAIS" NA NOSA COMUNIDADE
- INTERVENCIÓN DE FSIE NO PLENO DO CONSELLO ESCOLAR DO ESTADO