CONSTITUÍDA A MESA NEGOCIADORA DO XVI CONVENIO DE DISCAPACIDADE. COMEZARÁN REALMENTE AS NEGOCIACIÓNS?
- Detalles

As negociacións do XVI Convenio de Discapacidade parece que serán tan tortuosas e accidentadas como xa o fosen as do actual XV Convenio vixente.
O pasado día 10 de marzo constituíase a Comisión Negociadora, como xa ocorrese co anterior convenio, sen acordo total das partes. Previamente a este feito, CC.OO. e UGT denunciaran o convenio actual o pasado 1 de febreiro, once meses antes de que termine o seu período de vixencia que está fixado para o 31 de decembro.
COLABORA CON INSTITUTO IDIENA E UNIVERSIDADE LA SALLE NO SEU ESTUDO SOBRE INTELIXENCIA EMOCIONAL NAS AULAS
- Detalles

O Instituto de intelixencia emocional e neurociencia aplicada (Idiena), en colaboración coa Universidade de La Salle, lanzaron unha enquisa dirixida a directores de colexio e a docentes, co fin de elaborar o Primeiro estudo de investigación a nivel nacional sobre A INTELIXENCIA EMOCIONAL DOS COLEXIOS EN ESPAÑA.
O obxectivo é dar voz aos directores e a docentes e recoller a súa opinión sobre a importancia da educación emocional dos alumnos e tamén dos propios docentes, especialmente nas circunstancias actuais.
Desde FSIE queremos facer chegar esta enquisa aos nosos afiliados, delegados e simpatizantes pois parécenos unha iniciativa interesante sobre un tema de crecente importancia no ámbito docente.
FSIE REIVINDICA O PAPEL DA MULLER NA LOITA CONTRA A PANDEMIA E ESIXE MEDIDAS PARA PALIAR AS DESIGUALDADES ACENTUADAS POLA MESMA
- Detalles

A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza súmase un ano máis á celebración do Día Internacional da Muller reclamando a eliminación das desigualdades de xénero para ter un futuro mellor, sustentable, igualitario e inclusivo, nun mundo marcado xa inevitablemente pola pandemia mundial por Covid-19.
Para iso lanzou unha campaña na que, baixo a lema "Ser muller en tempos de Pandemia", pon especial énfase en como afectou a crise sanitaria ás mulleres traballadoras en educación e atención a persoas con discapacidade, dous sectores altamente feminizados nos que os persoais supoñen un 67% e un 84% respectivamente.
PUBLICADA NO DOG A RESOLUCIÓN POLA QUE SE DITAN INSTRUCIÓNS PARA A ABAU NO CURSO 2021-2022
- Detalles

Hoxe, mércores 24 de febreiro publicouse no Diario Oficial de Galicia a RESOLUCIÓN do 10 de febreiro de 2021, conxunta da Secretaría Xeral de Universidades e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para realizar, dentro do curso 2020/21, a avaliación de bacharelato para o acceso á universidade (ABAU) no curso 2021/22.
Documentos relacionados
RESOLUCIÓN Instrucións ABAU (DOG, 24-02-2021)
FSIE LANZA UN ANO MÁIS A SÚA CAMPAÑA EN APOIO Á ESCOLARIZACIÓN NOS CENTROS DE EDUCACIÓN INFANTIL
- Detalles

Coa lema "Libres para elixir a mellor opción. Construímos o seu futuro" FSIE quere ademais pór especial énfase na importancia que esta etapa ten no desenvolvemento e o futuro dos pequenos e no dereito das familias a elixir a súa educación con total liberdade.
Tras un ano especialmente difícil, marcado pola pandemia mundial, no que se puxo de relevo o papel esencial da Educación Infantil como servizo fundamental para o desenvolvemento dos nenos e a conciliación familiar, a entrada en vigor da LOMLOE ameaza seriamente a continuidade de moitos destes centros.
FSIE ARRINCA A CAMPAÑA DE ESCOLARIZACIÓN 2021 DEFENDENDO UNHA VEZ MÁIS A LIBERDADE DE ELECCIÓN DAS FAMILIAS NUN ANO CLAVE PARA O SECTOR
- Detalles

Nun ano especialmente complexo, non só debido á pandemia mundial, senón tamén á entrada en vigor da nova lei de educación, FSIE quere reafirmar o seu compromiso coa pluralidade do noso sistema educativo e coa liberdade de elección das familias coa lema "Libres para elixir, Construímos o seu futuro". O sindicato quere incidir unha vez máis no dereito dos pais a elixir a educación dos seus fillos como vén recollido no Art. 27 da Constitución Española, nun momento no que a ensinanza concertada se ve ameazada por unha lexislación partidista e que conculca claramente dereitos e liberdades fundamentais.
Máis artigos
- FSIE CONSIDERA QUE O PLAN DE VACINACIÓN COVID-19 NON É SUFICIENTE
- FSIE ALCANZA UN NOVO ACORDO DE FORMACIÓN CO GRUPO PIQUER
- O GOBERNO SÓ PRORROGA O PLAN MECUIDA E NON APROBA O PERMISO RETRIBUÍDO QUE RECLAMABA FSIE
- XII CONVENIO DE INFANTIL: ACORDADO QUE AS TÁBOAS SALARIAIS SE ADECÚAN Ó SALARIO MÍNIMO INTERPROFESIONAL (SMI)
- FSIE SOLICITA Ó GOBERNO A PRÓRROGA DO PLAN "MECUIDA" E ESIXE O PERMISO RETRIBUÍDO
- FSIE SÚMASE Á CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA EDUCACIÓN NUNHA TERCEIRA EDICIÓN MARCADA POLA PANDEMIA MUNDIAL