Debido á alerta sanitaria por coronavirus tanto o Goberno Central como as Comunidades Autónomas teñen adoptado medidas excepcionais que afectaron a todos os sectores profesionais e á sociedade en xeral. Co obxecto de controlar a propagación do virus leváronse a cabo nos últimos meses, desde que se decretase en marzo o Estado de Alarma rematado o 21 de xuño, numerosas actuacións e adaptacións tanto da normativa existente como dos protocolos das administracións públicas e empresas. A continuación poñemos á vosa disposición todas as novas instrucións de funcionamento a nivel nacional e as instrucións para o Curso Escolar 2020/2021 da Comunidades Autónoma:
Normativa Nacional Curso Escolar 2020/2021 Instrucións C.A. Curso Escolar 2020/2021
Tamén deixamos á vosa disposición toda a normativa aprobada durante o finalizado Curso Escolar 2019/2020:
Normativa Nacional Curso Escolar 2019/2020
Ademais, o Boletín Oficial do Estado (BOE) creou un apartado específico dedicado á crise sanitaria na que se poden consultar todas as novas normativas, nacionais e autonómicas, adoptadas en relación ao COVID-19. Podes acceder á Biblioteca Xurídica Dixital aquí.
*Esta sección irase actualizando conforme se fagan públicas novas medidas.