FSIE-GALICIA tén asinado un interesante Acordo de colaboración coa Clínica dental AXIA de A Coruña e ó que se poderán acoller todos os afiliados/as de FSIE-GALICIA, amais dos seus familiares directos.
As melloras que abrangue o dito Acordo son:
- Unha limpeza bucal anual, de balde.
- Descontos especiais, entre un 15% e un 20%, dependendo dos tratamentos realizados.
- Revisión e planificación de tratamentos, de balde.
Para poder gozar destes descontos, cómpre amosar ou identificarse como afiliado/a de FSIE-GALICIA, mediante a presentación do recibo de pago da cota anual correspondente ou a Certificación de afiliación que che facilitaremos se clicas AQUÍ.
Para máis información, amplía a imaxe