FSIE 40 años

Cartel app fsie

A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza lanza a súa nova aplicación dirixida ás e ós profesionais da educación concertada, privada e de atención a persoas con discapacidade co obxectivo de facilitarlles, aínda máis, o acceso aos seus servizos de consulta e asesoramento laboral.

FSIE App, xa dispoñible para IOs e Android, é a única aplicación destas características no sector e ademais completamente gratuíta. O seu menú, atractivo e intuitivo, consta de diversas seccións nas que os usuarios poderán consultar información de actualidade sobre o sector en Novedades, descubrir eventos interesantes próximos no apartado do mesmo nome ou resolver dúbidas sobre os seus dereitos e condicións laborais en Convenios e Normativa e lexislación.

Tamén terán acceso ás últimas convocatorias de formación máis actuais e relevantes ademais de dispor de toda a información sobre FSIE, o seu modelo sindical e representatividade no sector.

FSIE App conta ademais cun apartado de acceso exclusivo para as afiliadas e afiliados de FSIE no que poderán atopar todas as vantaxes e ofertas de formación dispoñibles con condicións e descontos especiais. Aqueles usuarios non afiliados, que queiran, poderán solicitar información ou afiliárense ao sindicato facilmente a través dun formulario de contacto ou de afiliación.

Co lanzamento desta aplicación, dispoñible para móbil e tablet, FSIE engade unha plataforma máis ao seu labor de asesoramento ampliando a súa capacidade de proporcionar soporte a todos os traballadores, docentes e non docentes, onde e cando o necesiten. O obxectivo da organización sindical non é outro que pór FSIE "ao alcance da man", reafirmando a súa vocación de servizo aos profesionais do sector, afiliados ou non, e o seu compromiso coa defensa e mellora dos seus dereitos e condicións laborais.

Documentos relacionados

Nota de prensa

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 131 anónimos e ningún membro en liña