FSIE 40 años

Control Jornada FinalFSIE, tras o período de consulta comunicado o pasado día 6 de Xuño na Mesa Negociadora, decidiu non asinar o Acordo subscrito nese día polas organizacións patronais e o resto de sindicatos.

As clarificacións e melloras son escasas e a modificación dalgúns aspectos do convenio colectivo en relación aos recreos e tempos libres entre clases, son un claro retroceso para os docentes que poden xerar máis conflito nos centros.

FSIE segue considerando que a firma foi precipitada, non se aceptaron algunhas das nosas propostas de mellora do texto sobre o que se estaba traballando e, finalmente, o Acordo non profunda nin achega criterios que poidan axudar a resolver a maioría dos problemas que van xurdir nos centros.

Desde o sindicato entendemos que será necesaria a negociación e acordo en cada centro cos representantes dos traballadores para determinar que e como se vai rexistrar a xornada laboral dos traballadores. Neste proceso, FSIE seguirá traballando para que o devandito rexistro sexa efectivo e resolva, mediante o diálogo e a negociación nos centros, os problemas que existen actualmente, e seguirán presentes a pesar deste Acordo, á hora de computar e rexistrar a xornada do persoal docente e de administración e servizos nos centros concertados.

Podes consultar o cartel informativo aquí

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 167 anónimos e ningún membro en liña