FSIE 40 años

BOLETIN 129

Desde o pasado día 1 de xaneiro de 2021 os proxenitores gozarán das mesmas condicións no permiso por nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento. Termina así a transitoriedade establecida polo Real Decreto-ley 6/2019, de 1 de marzo, de medidas urgentes para garantía de la igualdad de trato y de oportunidades entre mujeres y hombres en el empleo y la ocupación (BOE de 7 de marzo de 2019) fixándose 16 semanas de suspensión do contrato de traballo para o coidado dun menor para toda nai ou pai que así o desexe.

Ademais o permiso poderá incrementarse en dúas semanas, unha para cada proxenitor, en caso de discapacidade do fillo ou, no suposto de nacemento, adopción, garda con fins de adopción ou acollemento múltiple, por cada fillo ou filla distinta do primeiro. En caso de parto prematuro ou situación que requira hospitalización de máis de 7 días a continuación do parto poderase chegar a ampliar este período ata un máximo de 13 semanas.

Entre outros cambios, co novo permiso ambos os dous proxenitores teñen dereito a un período inicial de seis semanas obrigatorias, ininterrompidas e a xornada completa posteriores ao parto ou resolución xudicial. As seguintes dez semanas poderanse gozar de maneira acumulada ou interrompida durante os 12 meses seguintes ao nacemento ou adopción.

A nova normativa establece este permiso como un dereito individual de cada proxenitor polo que non é posible compartir ou transferir o goce do mesmo. Pode consultar toda a información relativa ás novas condicións e requisitos no noso último Boletín.

Documentos relacionados

Real Decreto-ley 6/2019 (BOE, 07-03-2019)

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 152 anónimos e ningún membro en liña