FSIE 40 años

Captura de pantalla 2020 04 27 a las 11.09.45A Plataforma de Concertados alerta de que a presa do Goberno por aprobar a LOMLOE é signo de déficit democrático.

Nun momento no que a pandemia do COVID-19 está a arrasar ao noso país, as organizacións do ensino concertado consideran que é necesario priorizar a vida e a saúde da nosa sociedade. Precisamente por iso, non é comprensible que o Ministerio de Educación trate de aproveitar unha situación como esta para acelerar a tramitación da LOMLOE, substraendo á comunidade educativa o san e democrático debate que debe preceder á aprobación de toda lei, especialmente nun asunto tan importante como o educativo.

Os representantes da Plataforma "Concertados", entidade constituída por Escolas Católicas (FERE-CECA e EyG), CECE (Confederación Española de Centros de Ensino), CONCAPA (Confederación Católica Nacional de Pais de Familia e Pais de Alumnos) e COFAPA (Confederación de Pais de Alumnos), e na que tamén están integrados os sindicatos maioritarios da concertada FSIE (Federación de Sindicatos Independentes do Ensino) e FEUSO (Federación de Ensino da Unión Sindical Obreira), e aberta a novas adhesións, reuníronse con carácter urxente ante a decisión da Mesa do Congreso de non querer aceptar un adiamento do trámite de presentación de emendas, unha actitude pouco elegante e que, desde logo, manifesta un déficit democrático inadmisible.

A presa do Goberno parece obedecer, non só ao seu desexo de que a lei poida porse en práctica xa o curso que vén, senón á súa posible intención de introducir emendas só consensuadas polos socios de Goberno e que limitarían a liberdade de ensino. Ademais, revelaría o seu propósito de escamotear á opinión pública o debate sobre unha lei esencial que non goza de consenso na comunidade educativa, evitando de paso posibles actuacións públicas contrarias dunha parte importante da sociedade.

Durante todos estes días de confinamento pola pandemia do COVID-19, o MEyFP defendeu insistentemente que, ante unha situación excepcional como a que estamos a vivir, as medidas e solucións deben ser tamén excepcionais. Pedimos que se aplique este mesmo criterio á aprobación da LOMLOE: que se paralice a súa tramitación ata que se levante o estado de alarma e poida restablecerse a normalidade. Con iso, permitirase á sociedade e á comunidade educativa participar no debate dunha lei deste calado. Se o Goberno persiste na actitude de aproveitar ao seu favor un momento tan crítico e excepcional, vai ser difícil continuar polas vías do diálogo e da colaboración ante o que entendemos é un exercicio de autoritarismo sen precedentes. Nin é o momento nin son as formas de proceder para aprobar unha nova Lei de Educación.

Medidas deste tipo, unilaterais e que espertan sospeitas, non axudan a conseguir o Pacto Escolar que demanda e necesita a sociedade. É máis, a Plataforma "Concertados" solicita que os pactos de Estado que busca o Goberno para facilitar a reconstrución social e económica do país tras a pandemia de coronavirus, inclúan tamén as cuestións educativas. Iso serviría para lograr unha reforma consensuada, centrada nos problemas reais que tén o ensino deste país e entón, só entón, estaremos preparados para unha lei educativa de todos e para todos.

Documentos relacionados
Nota de Prensa_Plataforma Concertados

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 48 anónimos e ningún membro en liña