PRESENTACIÓN DA PLATAFORMA MÁIS PLURAIS E DA CAMPAÑA "MÁIS PLURAIS, MÁIS LIBRES, MÁIS IGUAIS" NA NOSA COMUNIDADE
- Detalles

A Lei Celaá impón un modelo de educación único e limita a liberdade social.
Nace a Plataforma Más Plurales, en defensa da pluralidade educativa
Onte, día 3 de novembro, en rolda de prensa presentouse a plataforma Más Plurales e a campaña Máis plurais, Máis libres, Máis iguais contra a Lei Celaá, en Galicia.
INTERVENCIÓN DE FSIE NO PLENO DO CONSELLO ESCOLAR DO ESTADO
- Detalles

O Pleno do Consejo Escolar del Estado reuniuse onte, 29 de outubro, para a toma en consideración do Informe 2020 sobre o Estado do Sistema Educativo. A continuación reproducímosvos a intervención do Secretario General de FSIE, Javier Muñoyerro, durante a sesión.
"FSIE adianta o seu voto favorable á toma en consideración do Informe 2020, aínda que algunhas das propostas de mellora que se realizaron non son compartidas pola nosa organización e esperamos poidan cambiar na sesión de hoxe.
Non podemos obviar nesta intervención a situación actual dunha crise sanitaria que está a impactar con dureza na sociedade.
A xestión política desde o principio da pandemia, e segue sendo practicamente igual a día de hoxe, pode recibir numerosos cualificativos, por desgraza, na súa maioría de carácter negativo.
A LEY CELAÁ IMPÓN UN MODELO ÚNICO DE EDUCACIÓN E ARRECUNCHA A LIBERDADE SOCIAL
- Detalles

Nace a Plataforma Más Plurales, en defensa da pluralidade educativa
A Plataforma Más Plurales presentou hoxe en rolda de prensa a súa campaña contra a Ley Celaá. Como afirmou o seu portavoz, Jesús Muñoz de Priego, "a LOMLOE vulnera dereitos recoñecidos na Constitución, reduce progresivamente o modelo do ensino concertado e atento contra a pluralidade educativa". Ademais, e entre outros aspectos, a Ley Celaá pón en dúbida a supervivencia dos centros de educación especial e relega a relixión a materia de segunda, condenando ao paro ao seu profesorado. Claramente, esta Ley, tramitada sen consenso, rexeita calquera intento de alcanzar un Pacto de Estado pola Educación.
A campaña leva por título "Más plurales, más libres, más iguales. Hacia una escuela realmente inclusiva, con todos y para todos" e está promovida polas entidades adheridas á Plataforma como son as asociacións de pais COFAPA e CONCAPA, os sindicatos FSIE e FEUSO, as patronais Escuelas Católicas, CECE, Fundació Escola Cristiá de Catalunya e as entidades Ven y Verás, EnLibertad, Yo Libre, Reli es Más, FEDMA e Libres para Elegir.
INFORMACIÓN DA REUNIÓN DA COMISIÓN NEGOCIADORA DO VII CONVENIO
- Detalles

FSIE, en nome das organizacións sindicais, espuxemos que o desenvolvemento da negociación se realice en función dunha serie de bloques que enumeramos: táboas salariais 2020, actualización normativa, xornada, permisos e dereitos sociais e o resto.
As organizacións patronais aceptaron esta formulación xeral.
As organizacións patronais remitiron o venres a todos os sindicatos unha proposta que baixo o título "Actualización normativa do VII Convenio" só facía referencia aos artigos referidos ao ámbito temporal e vixencia, algún aspecto concreto de contratación, permisos e xubilación forzosa.
Desde FSIE desbotamos o documento da patronal no seu conxunto sen entrar ao detalle por ser incompleto, e incluír no mesmo propostas de modificación do convenio propias da negociación, e non dunha actualización normativa e xurídica.
O CSIC ELABORA UNHA GUÍA DE VENTILACIÓN NAS AULAS BASEADA NUN ESTUDO EXPERIMENTAL
- Detalles

O Centro Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) desenvolveu, en colaboración co Ministerio de Ciencia e Innovación, Mesura e a Generalitat Valenciana, unha Guía de Ventilación nas Aulas baseada nun traballo experimental.
A devandita guía pretende ser unha ferramenta para reducir as probabilidades de contaxio de Covid-19 por vía aérea polo que inclúe explicacións de estratexias e posibles solucións a adoptar polos centros, á vez que proporciona ferramentas para determinar se as condicións de ventilación alcanzadas son adecuadas.
PRESENTACIÓN DA CAMPAÑA MÁS PLURALES, MÁS LIBRES, MÁS IGUALES
- Detalles

Mañá mércores 28 de Outubro ás 12:00 h terá lugar, en rolda de prensa on-line, a presentación oficial da Campaña "Más plurales, más libres, más iguales" que organiza a Plataforma Concertados (FSIE, USO, Escolas Católicas, CECE, CONCAPA e COFAPA) xunto a diferentes organizacións e colectivos.
Ante a deríva que está a tomar a reforma de Ley Orgánica de Educación (LOMLOE), gran diversidade de entidades e colectivos cidadáns de docentes, familias, alumnos e titulares de centros, víronse obrigados a emprender unha campaña informativa e de protesta. A vulneración dos dereitos recoñecidos na Constitución dun gran colectivo cidadán nun momento tan delicado como o que deriva dunha pandemia, lévanos a alzar aínda máis a voz para pedir a protección e a continuidade dun modelo plural e igualitario no que se respectan principios fundamentais como a liberdade de ensinanza.
Máis artigos
- PUBLICADO O REAL DECRETO 926/2020 POLO QUE SE DECLARA O ESTADO DE ALARMA PARA CONTER A PROPAGACIÓN DE INFECCIÓNS CAUSADAS POLO SARSCOV-2
- INSTRUCIÓNS PARA PERMITIR A SAÍDA DO RECINTO ESCOLAR DO ALUMNADO MAIOR DE 16 ANOS NOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021
- PRINCIPAIS PROPOSTAS DE FSIE PARA A NEGOCIACIÓN DO VII CONVENIO DE ENSINANZA CONCERTADA
- FSIE, CO RESTO DE SINDICATOS E PATRONAIS REPRESENTATIVAS NO SECTOR DE INFANTIL RECLAMAN AXUDAS AO GOBERNO PARA EVITAR A DESAPARICIÓN DO SECTOR