- Detalles
-
Published: Mércores, 07 Novembro 2012 18:11
Resolución de 10 de setembro de 2012, da Dirección Xeral de Emprego, pola que se rexistra e publica a revisión salarial para o ano 2010 do VI Convenio colectivo nacional de colexios maiores universitarios.
Ver TÁBOAS SALARIAIS 2010
- Detalles
-
Published: Mércores, 07 Novembro 2012 17:28
O BOE publica hoxe (5-10-2012 o VII Convenio Colectivo Nacional de colexios maiores universitarios, que foi subscrito con data 19 de xullo de 2012, dunha parte polas asociacións empresariais CECE, EeX e ACADE en representación das empresas do sector, e doutra polos sindicatos USO, CC.OO, FSIE e UGT, en representación dos traballadores.
Ver o texto do VII Convenio (BOE, 5-10-2012)
- Detalles
-
Published: Xoves, 19 Xullo 2012 17:05
No día de hoxe (19-7-2012) FSIE xunto co resto de organizacións sindicais e patronais que conforman a mesa de negociación do VII Convenio Nacional de Colexios Maiores Universitarios Privados procedemos á firma e á realización dos trámites pertinentes para o envío ao BOE do texto do novo Convenio.
- Detalles
-
Published: Venres, 28 Outubro 2011 17:34
O pasado día 10 de xullo subscribiuse por parte de CECE, EeX e ACADE, como organizacións patronais, e polas Organizacións Sindicais de FSIE e USO o VI Convenio Nacional de Colexios Maiores.
Este convenio asinado, tén as seguintes novidades:
- Vixencia por 4 anos.
- Incremento salarial dun incremento do 2,7 % en salario base e 0,25% en antigüidade.
- Vacacións: un día máis de vacacións en Semana Santa.
- Adaptacións legais á nova normativa.
Ver VI Convenio