FSIE 40 años

Secundario Comunic Actual Auton

 

CONSTITUÍDA EN OURENSE A COMISIÓN MIXTA PROVINCIAL DE GRATUIDADE DE OURENSE PARA O CURSO ESCOLAR 2020-2021

O día 4 de xuño de 2020, foi constituída a Comisión Mixta Provincial de Gratuidade de Ourense.

DATAS PARA NON ESQUECER.-

17 de xuño: Remata o prazo para entregar as solicitudes.

22 de xuño: Daranse a coñecer as resolucións ós traballadores..

25 de xuño: Remata o prazo para presentar as reclamacións.

Antes do 29 de xuño: Resolución da Comisión Mixta ás reclamacións.

COMISIÓN PROVINCIAL MIXTA DE GRATUIDADE DE OURENSE

r/ Bedoya, 9 (Colexio Marista Santa María) / Tfno.: 988228152

32004 OURENSE

Correo-e: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. 

CONSTITUÍDA EN VIGO A COMISIÓN PROVINCIAL DE GRATUIDADE DE PONTEVEDRA PARA O CURSO ESCOLAR 2020-2021

O día 4 de xuño de 2020, foi constituída a Comisión Mixta Provincial de Gratuidade de Pontevedra.

DATAS PARA NON ESQUECER.-

22 de xuño: Remata o prazo para entregar as solicitudes en horario da Secretaría do Centro para o que solicita praza.

2 de xullo: Data límite para comunicar a Resolución ós interesados

6 de xullo: Remata o prazo para presentar as Reclamacións (Por correo-e a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. )

8 de xullo : Data para as Resolucións ás Reclamacións.

FSIE LANZA UNHA MENSAXE DE ÁNIMO AO ALUMNADO NA SÚA CAMPAÑA DE ESCOLARIZACIÓN EN FORMACIÓN PROFESIONAL

Cartel Campana FPCoincidindo coa apertura gradual dos procesos de escolarización, FSIE lanza un ano máis a súa campaña de apoio á escolarización en centros concertados que imparten Formación Profesional reafirmando así o seu compromiso coa defensa da liberdade de elección e mostrando así o seu apoio ao alumnado e ás familias para elixir a educación que mellor se adapte ás súas conviccións e necesidades.

Nun ano escolar que puxo a proba á sociedade en xeral e ao sistema educativo en particular, desde FSIE queremos aproveitar a ocasión para lanzar unha mensaxe especial de ánimo a aqueles mozos que teñen que elixir o seu seguinte paso nun momento difícil e infestado de incerteza.

FSIE PÓN ÉNFASE NO IMPORTANTE LABOR EDUCATIVO DA ETAPA DE INFANTIL COA SÚA CAMPAÑA DE ESCOLARIZACIÓN

Escolarizacion Infantil 2020Coa gradual volta á normalidade e coincidindo coa reapertura graduada dos procesos de escolarización nas Comunidades Autónomas, FSIE lanzou un ano máis a súa Campaña de Escolarización en centros privados de Educación Infantil, de 0 a 3 anos, co obxectivo de mostrar o seu apoio tanto aos profesionais e centros como á liberdade de elección das familias.

Baixo a lema "A importancia dos primeiros pasos", FSIE quere ademais pór especial énfase na relevancia que dita etapa tén no desenvolvemento e no futuro dos máis pequenos.

A actual crise sanitaria puxo de relevo o papel esencial da Educación Infantil como servizo fundamental e de indubidable valor á sociedade para o desenvolvemento dos nenos e a conciliación da vida familiar.

REINÍCIASE A ACTIVIDADE LECTIVA PRESENCIAL NO CURSO 2019-2020

instrucion medidas de retorno ativos curso 2019 2020 asinada 1Resolución, do 22-05- 2020, da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional pola que se reinicia a actividade lectiva presencial no curso 2019-2020, se determinan as instrucións para o que resta do presente curso e se adoptan medidas de prevención e hixiene para a reapertura parcial nos centros de ensino non universitario dependentes da Consellería.

 Banner Decalogo2

Temos 39 anónimos e ningún membro en liña