APOIA A CAMPAÑA "RECUPEREMOS O QUE NOS QUITARON"
- Detalles
- Published: Martes, 20 Outubro 2015 06:53
A Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanza (FSIE), a Federación de Ensino de UGT (FETE-UGT), A Federación de Ensino de CCOO (FE-CCOO), a Federación de Ensino de USO (feUSO) e a Confederación Intersindical Galega (CIG), organizacións sindicais máis representativas do ensino concertado en Galicia queren facer visible a situación na que se atopa este sector ó tempo que poñen en marcha esta campaña de recollida de sinaturas en recuperemosoquenosquitaron.es para esixir ó Goberno galego:
1. A devolución da parte do noso salario recortado e a RESTAURACIÓN do salario que percibiamos en 2010.
2. Un novo Acordo de Mantemento de Emprego.
3. Un Acordo para o aboamento da paga de antigüidade na empresa.