FSIE 40 años

Secundario Comunic Actual Auton

 

FSIE-GALICIA CELEBROU EN SANTIAGO O SEU CONSELLO FEDERAL

Diaposit Cons Fed 2016FSIE-GALICIA vén de celebrar en Santiago de Compostela, o día 3 de marzo de 2016, a reunión anual do seu Consello Federal, órgano colexiado supremo no que participan os membros do Secretariado Federal, os Delegados de cada unha das entidades autónomas que constitúen a FSIE-GALICIA en representación dos afiliados e un representante do Persoal de administración e servizos.

FSIE NA PRESENTACIÓN DA EDICIÓN 2016 DA D3MOBILE

Presnt D3mobile2016O pasado 2 de febreiro, martes, no transcurso dun acto desenvolvido na Escola Politécnica Superior do campus de Lugo da Universidad de Santiago de Compostela (USC) tivo lugar a presentación da "D3Mobile Metrology World League 2016", unha iniciativa de fomento da cultura científica e da innovación promovida pola USC e avalada un ano máis pola Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT). Un torneo mundial de modelado 3D con móbil apoiado por Paul Gasol, campión mundial de baloncesto e dúas veces gañador da NBA Pau Gasol, quen cedeu como agasallo emblemático para o gañador unha zapatilla asinada.

APOIA A CAMPAÑA "RECUPEREMOS O QUE NOS QUITARON"

recuperermosquitado fondo mansA Federación de Sindicatos Independentes de Ensinanza (FSIE), a Federación de Ensino de UGT (FETE-UGT), A Federación de Ensino de CCOO (FE-CCOO), a Federación de Ensino de USO (feUSO) e a Confederación Intersindical Galega (CIG), organizacións sindicais máis representativas do ensino concertado en Galicia queren facer visible a situación na que se atopa este sector ó tempo que poñen en marcha esta campaña de recollida de sinaturas en recuperemosoquenosquitaron.es  para esixir ó Goberno galego:

1.    A devolución da parte do noso salario recortado e a RESTAURACIÓN do salario que percibiamos en 2010.

2.    Un novo Acordo de Mantemento de Emprego.

3.    Un Acordo para o aboamento da paga de antigüidade na empresa.

CULTURA E EDUCACIÓN CONVOCA AS AXUDAS DIRIXIDAS A TITULADOS UNIVERSITARIOS DESEMPREGADOS PARA CURSAR MÁSTERES OFICIAIS NO SUG

  • DOG perspectA Consellería habilita unha partida de 200.000 euros para estas bolsas.
  • Os interesados dispoñen dun mes de prazo para formalizar a solicitude.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a convocatoria de axudas destinadas a titulados universitarios en situación de desemprego para cursar másteres oficiais no curso 2015-2016, dotada con 200.000 euros.

CONSTITUÍDA EN VIGO COMISIÓN MIXTA PROVINCIAL DE GRATUIDADE DE PONTEVEDRA PARA O CURSO ESCOLAR 2015-2016

DATAS PARA NON ESQUECER.-

29 de maio: Remata o prazo para entregar as solicitudes NA SECRETARÍA DO CENTRO PARA O QUE SOLICITA A PRAZA.

15 de xuño: Data límite para a exposición das listas provisionais nos taboleiros dos distintos Centros.

22 de xuño: Remata o prazo para presentar as reclamacións (Por correo-e a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ou por fax ó 881.819.843)

25 de xuño: Data límite para as resolucións ás reclamacións.

A TER EN CONTA.-

Lembrade que, para os que tedes os fillos no propio centro, será na túa Secretaría onde se entreguen as solicitudes.

Para os que solicitedes para outros centros distintos ao voso DEBEREDES ENTREGALAS NA SECRETARÍA DO CENTRO PARA O QUE SE SOLICITE A PRAZA xuntando toda a documentación que se pide.

Podes descargar o modelo de solicitude clicando aquí

Estamos á vosa disposición para calquera aclaración que precisedes!

FSIE PONTEVEDRA

Marqués de Valladares, 12 (galerías) oficina 18

36201 VIGO

678 899 414 - 886 125 828

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 Banner Decalogo2

Temos 43 anónimos e ningún membro en liña