FSIE 40 años

Secundario Comunic Actual Auton

 

FSIE MANIFESTA AS SÚAS SUXESTIÓNS Á CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN MEDIANTE VIDEOCONFERENCIA

Conselleria 23 4 20 6bba24f21d898757ea328f15f7b27495
Onte, 13 de maio de 2020, tivo lugar unha videoconferencia na que participaron a Conselleira de Educación xunto cos Directores Xerais de Educación, de Innovación Educativa e mais de Recursos Humanos, as Confederación galegas de Asociacións de Pais e Nais (CONFAPA, CONGAPA e ANPA) e as Organizacións sindicais do ensino non universitario (FSIE, ANPE, CCOO, CIG, CSIF, FeSP-UGT, FEUSO, STEG e USDG-CUT).

Na súa intervención a Conselleira foi breve pois a súa pretensión era recoller as suxestións dos participantes na mesma, de cara á videoconferencia que terá lugar mañá voves 14 de maio entre as distintas Consellerías do Estado.

FSIE PARTICIPA NUNHA VIDEOCONFERENCIA ENTRE A CONSELLERÍA, OS SINDICATOS E AS ANPAs DO ENSINO NON UNIVERSITARIO

Conselleria 23 4 20 6bba24f21d898757ea328f15f7b27495
FSIE-GALICIA participou onte 23 de abril, por medio de videoconferencia, nunha xuntanza tida coa Conselleira, o Director Xeral e mais o Secretario Xeral de Educación, amais dos representantes da Confederación Galega de ANPAs de Centros Públicos (CONFAPA Galicia), de ANPAs Galegas e de CONGAPA, así como das Organizacións sindicais do ensino non universitario CIG, CCOO, ANPE, FeSP-UGT, FEUSO, STEG, CSIF e USDG-CUT.

Na rolda de intervencións o noso Secretario Federal Rodolfo Castro Fernández espuxo as seguintes propostas, por parte de FSIE-GALICIA:

FSIE REAFIRMA O SEU COMPROMISO COA DEFENSA DA LIBERDADE DE ELECCIÓN COA SÚA NOVA CAMPAÑA DE ESCOLARIZACIÓN 2020

Cartel A3 sin marcas de corte
Coincidindo coa apertura dos períodos de matriculación nas diferentes comunidades autónomas, a Federación de Sindicatos Independientes de la Enseñanza (FSIE) pon en marcha un ano máis a súa campaña de apoio á escolarización en centros concertados e privados.

Baixo o lema "Axúdalles a dar o seguinte paso. Porque a súa educación é a túa elección", FSIE quere incidir no dereito dos pais a elixir a educación dos seus fillos en total liberdade como recolle a nosa Constitución no seu artigo 27.

FSIE-GALICIA E O RESTO DE ORGANIZACIÓNS SINDICAIS DA ENSINANZA CONCERTADA AMENAZAN CON MÁIS MOBILIZACIÓNS

Nota informativa entrevista coa conselleira 09 01 2020Os representantes sindicais de FSIE, UGT, CCOO e USO, foron recibidos pola Conselleira de Educación, Dª Carmen Pomar Tojo. Despois de máis de 6 meses intentando ser recibidos, e mediando unha expulsión policial da Consellería e un peche, o pasado día 9 de xaneiro fomos recibidos, por fin, pola Conselleira de Educación que estivo acompañada polo Director Xeral de Centros e Recursos Humanos e pola Subdirectora Xeral de Centros.

 Banner Decalogo2

Temos 146 anónimos e ningún membro en liña