FSIE 40 años

CartelA3 Escolarizacion concertada 2021
A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza (FSIE), organización sindical maioritaria no ámbito da educación concertada e privada, puxo en marcha un ano máis a súa campaña de apoio á escolarización en centros concertados e privados coincidindo coa apertura dos períodos de matriculación nas diferentes comunidades autónomas.

Nun ano especialmente complexo, non só debido á pandemia mundial, senón tamén á entrada en vigor da nova lei de educación, FSIE quere reafirmar o seu compromiso coa pluralidade do noso sistema educativo e coa liberdade de elección das familias coa lema "Libres para elixir, Construímos o seu futuro". O sindicato quere incidir unha vez máis no dereito dos pais a elixir a educación dos seus fillos como vén recollido no Art. 27 da Constitución Española, nun momento no que a ensinanza concertada se ve ameazada por unha lexislación partidista e que conculca claramente dereitos e liberdades fundamentais.
FSIE quere ademais aproveitar esta campaña para recoñecer aos profesionais que desempeñan o seu labor nestes centros o seu compromiso e implicación para ofrecer unha educación integral e de calidade. A actual situación de crise sanitaria supuxo un continuo reto para a comunidade educativa desde que se declarase o primeiro estado de alarma en marzo de 2020. As medidas adoptadas para conter a pandemia e evitar contaxios, como a educación a distancia ou semi-presencial, puxeron de relevo a importancia da atención personalizada e o acompañamento continuo ao alumno e a súa aprendizaxe que levan a cabo todos os traballadores dos centros concertados e privados.

Co fin de transmitir o valor do seu traballo á sociedade en xeral, o sindicato convida a todas as traballadoras e traballadores do sector a colaborar na difusión desta mensaxe para poder así garantir o mantemento dun sistema educativo plural e de calidade.

 

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 142 anónimos e ningún membro en liña