FSIE 40 años

DOG perspect

En relación coas medidas contidas no Protocolo de adaptación ao contexto do COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/21 (versión 22.7.2020), estas novas instrucións teñen como modificación máis relevante o establecemento de que, de forma xeral, se manterá unha distancia interpersoal de polo menos 1,5 metros nas interaccións entre as persoas no centro educativo, agás na educación infantil e na educación primaria, ensinanzas en que a organización do alumnado se establecerá, con carácter xeral, en grupos de convivencia estable, en cuxo ámbito non se aplicarán criterios de limitación de distancia. Esta variación da distancia interpersoal entre o alumnado obriga os centros educativos a modificar a planificación e a preparación que realizarán para iniciar o curso académico 2020/21 axustándose ao Protocolo aprobado o 22 de xullo de 2020, facendo inviable manter o comezo do curso académico para o día 16 de setembro nas ensinanzas da educación secundaria obrigatoria, no bacharelato, na formación profesional e nas ensinanzas especiais. Así mesmo, fai necesario que se diten unhas instrucións que establezan os criterios que os centros educativos deben aplicar na configuración dos grupos de alumnos e normas básicas sobre a autorización da cota de profesorado en cada centro educativo.

Documentos relacionados

ORDE (DOG, 16-09-2020)

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 1260 anónimos e ningún membro en liña