FSIE 40 años

Cartel Campana FPCoincidindo coa apertura gradual dos procesos de escolarización, FSIE lanza un ano máis a súa campaña de apoio á escolarización en centros concertados que imparten Formación Profesional reafirmando así o seu compromiso coa defensa da liberdade de elección e mostrando así o seu apoio ao alumnado e ás familias para elixir a educación que mellor se adapte ás súas conviccións e necesidades.

Nun ano escolar que puxo a proba á sociedade en xeral e ao sistema educativo en particular, desde FSIE queremos aproveitar a ocasión para lanzar unha mensaxe especial de ánimo a aqueles mozos que teñen que elixir o seu seguinte paso nun momento difícil e infestado de incerteza.

Coa lema "Que nada te pare. TansFÓRMATE no PROFESIONAL que queres ser" queremos lembrarlles que a Formación Profesional é unha alternativa formativa de calidade para alcanzar as súas metas profesionais, cunha elevada taxa de éxito académico e que, ademais, poden elixir un centro concertado para cursala.

FSIE quere ademais destacar o gran labor que levan a cabo os profesionais destes centros, docentes e non docentes, e agradecerlles especialmente o enorme esforzo que realizaron nestes últimos meses para garantir a continuidade da actividade educativa, ofrecéndolles en todo momento aos seus alumnos unha educación integral e de calidade.

Por iso, desde FSIE queremos mostrar o noso recoñecemento a todas e todos estes profesionais que, co seu compromiso e dedicación, contribúen á construción e desenvolvemento dun futuro mellor e facemos un chamamento á sociedade no seu conxunto para colaborar na difusión desta mensaxe.

Documentos relacionados

Campaña Escolarización FP_Cartel
Campaña Escolarización FP_Post Facebook
Campaña Escolarización FP_Post Twitter

 Banner Decalogo2

Temos 394 anónimos e ningún membro en liña