FSIE 40 años

Escolarizacion Infantil 2020Coa gradual volta á normalidade e coincidindo coa reapertura graduada dos procesos de escolarización nas Comunidades Autónomas, FSIE lanzou un ano máis a súa Campaña de Escolarización en centros privados de Educación Infantil, de 0 a 3 anos, co obxectivo de mostrar o seu apoio tanto aos profesionais e centros como á liberdade de elección das familias.

Baixo a lema "A importancia dos primeiros pasos", FSIE quere ademais pór especial énfase na relevancia que dita etapa tén no desenvolvemento e no futuro dos máis pequenos.

A actual crise sanitaria puxo de relevo o papel esencial da Educación Infantil como servizo fundamental e de indubidable valor á sociedade para o desenvolvemento dos nenos e a conciliación da vida familiar.

Desde FSIE, queremos aproveitar a oportunidade para, unha vez máis, solicitar ao Goberno e ás Administracións Públicas que recoñezan a súa función educativa, máis aló do seu carácter asistencial, e que adopten as medidas que sexan necesarias para paliar os efectos da crise por coronavirus e garantir a continuidade dos centros, así como todos os postos de traballo nos mesmos.

A data de hoxe o impacto nas plantillass, compostas por mulleres en máis dun 90%, foi demoledor con miles de despedimentos e afectadas por ERTES sen que fose beneficiario específico de ningunha das medidas económicas aprobadas até agora.

FSIE quere ademais recoñecer e agradecer aos profesionais que desempeñan o seu labor nestes centros o seu compromiso e implicación para ofrecer a mellor educación e coidados ás nosas nenas e nenos en anos tan clave para o seu desenvolvemento.

Documentos relacionados
Cartel Campaña Escolarización 2020
Cartel Campaña Escolarización 2020_Difusión Digital
Campaña de Escolarización_Post para Redes Sociales

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 70 anónimos e ningún membro en liña