FSIE 40 años

Cartel A3 sin marcas de corte
Coincidindo coa apertura dos períodos de matriculación nas diferentes comunidades autónomas, a Federación de Sindicatos Independientes de la Enseñanza (FSIE) pon en marcha un ano máis a súa campaña de apoio á escolarización en centros concertados e privados.

Baixo o lema "Axúdalles a dar o seguinte paso. Porque a súa educación é a túa elección", FSIE quere incidir no dereito dos pais a elixir a educación dos seus fillos en total liberdade como recolle a nosa Constitución no seu artigo 27.
Nun momento social e político no que a dita liberdade foi recentemente obxecto de debate e cuestionamiento, FSIE mostra con esta iniciativa o seu compromiso, unha vez máis, coa defensa da liberdade de elección, e o seu apoio ás familias e alumnos que cada ano depositan a súa confianza en centros concertados e privados.

Como voz dunha ampla parte da comunidade educativa, FSIE tén ademais como obxectivo lembrar á sociedade no seu conxunto que a rede de colexios concertados e privados é unha opción de calidade que ofrece ás nosas nenas e nenos unha educación integral e personalizada, con profesionais comprometidos co seu desenvolvemento tanto académico como persoal.

FSIE quere aproveitar esta campaña para recoñecer aos profesionais destes centros o seu compromiso e implicación no desempeño dun labor tan importante e de tanta responsabilidade como é formar ás xeracións do futuro. Co fin de transmitir o valor do seu traballo á sociedade en xeral, o sindicato convida a todas as traballadoras e traballadores do sector a colaborar na difusión desta mensaxe para poder así garantir o mantemento dun sistema educativo plural e de calidade.

 

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 309 anónimos e ningún membro en liña