POR UNHA LIBERDADE E PLURALIDADE NO NOSO SISTEMA EDUCATIVO
- Detalles
- Published: Luns, 21 Decembro 2020 17:21

Onte, 20 de decembro, volveron saír centos de vehículos á rúa en 5 das cidades da nosa Autonomía (A Coruña, Lugo, Ourense, Ferrol e mais Vigo), por segunda vez e así deixar patente o enorme descontento, dos colectivos que integran a Ensinanza Concertada, cara á LOMLOE ou Ley Celaá, imposta sen negociación, sen diálogo nin consenso, sen dar pé á participación da cidadanía e para máis inri cunha serie de prexuízos que vai ocasionar ó noso sistema educativo.
REUNIÓN DA COMISIÓN TRIPARTITA DO ENSINO CONCERTADO
- Detalles
- Published: Sábado, 05 Decembro 2020 08:25

O pasado venres catro de decembro, FSIE e as demais organizacións sindicais e patronais con representación na ensinanza concertada asistimos vía videoconferencia á reunión da Comisión Tripartita da Ensinanza Concertada (CTEPC). Fomos convocados dous días antes coa mesma orde do día que todos os anos:
Lectura e aprobación da acta da reunión do 13 de novembro de 2019.
Informacións varias.
·Achegas.
CENTOS DE VEHÍCULOS NAS RÚAS DE 5 CIDADES GALEGAS PITAN CONTRA A LOMLOE
- Detalles
- Published: Luns, 23 Novembro 2020 18:40

Onte, 22 de novembro de 2020, a Plataforma Más Plurales convocou e levou a cabo en 5 cidades de Galicia (A Coruña, Ferrol, Lugo, Ourense e Vigo) outras tantas manifestacións en vehículos como protesta pola LOMLOE ou Ley Celaá. En todas elas, afectou en maior ou menor grao o estado de confinamento perimetral das grandes ciudades, pero aínda así a afluencia de vehículos foi en cadansúa considerable.
O SECTOR DA CONCERTADA AMOSA A SÚA PREOCUPACIÓN ANTE A FUTURA REFORMA EDUCATIVA
- Detalles
- Published: Martes, 10 Novembro 2020 21:01

Onte, 10 de novembro de 2020, concentráronse diante da Delegación do Goberno en Galicia na Coruña, representantes galegos dos Traballadores, das Patronais, dos Centros e mias das ANPAS, entidades que integran a Plataforma Más Plurales en protesta pola tramitación da Ley Celaá, na que desaparece o termo "demanda social" o que suporía a planificación unilateral da Administración e a consideración subsidiaria dos centros concertados.
INSTRUCIÓNS PARA PERMITIR A SAÍDA DO RECINTO ESCOLAR DO ALUMNADO MAIOR DE 16 ANOS NOS CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS NA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA PARA O CURSO 2020-2021
- Detalles
- Published: Sábado, 24 Outubro 2020 11:11

O 23 de outubro de 2020 foi publicada no DOG a Resolución da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional pola que se ditan instrucións para permitir a saída do recinto escolar do alumnado maior de 16 anos nos centros docentes sostidos con fondos públicos na Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2020-2021.
DOG: MODIFICACIÓN DA ORDE QUE APROBA O CALENDARIO ESCOLAR PARA O CURSO 2020/21
- Detalles
- Published: Xoves, 17 Setembro 2020 08:09

En relación coas medidas contidas no Protocolo de adaptación ao contexto do COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020/21 (versión 22.7.2020), estas novas instrucións teñen como modificación máis relevante o establecemento de que, de forma xeral, se manterá unha distancia interpersoal de polo menos 1,5 metros nas interaccións entre as persoas no centro educativo, agás na educación infantil e na educación primaria, ensinanzas en que a organización do alumnado se establecerá, con carácter xeral, en grupos de convivencia estable, en cuxo ámbito non se aplicarán criterios de limitación de distancia. Esta variación da distancia interpersoal entre o alumnado obriga os centros educativos a modificar a planificación e a preparación que realizarán para iniciar o curso académico 2020/21 axustándose ao Protocolo aprobado o 22 de xullo de 2020, facendo inviable manter o comezo do curso académico para o día 16 de setembro nas ensinanzas da educación secundaria obrigatoria, no bacharelato, na formación profesional e nas ensinanzas especiais. Así mesmo, fai necesario que se diten unhas instrucións que establezan os criterios que os centros educativos deben aplicar na configuración dos grupos de alumnos e normas básicas sobre a autorización da cota de profesorado en cada centro educativo.
Máis artigos
- GALICIA MANTÉN O INICO DO CURSO ESCOLAR PARA O 10 DE SETEMBRO, COA INCORPORACIÓN GRADUAL DO ALUMNADO
- O ALUMNADO CONTARÁ CUN PLAN DE REFORZO PARA RECUPERAR AS APRENDIZAXES NON ADQUIRIDAS NO CURSO 2019/2020
- REALIZACIÓN DE TESTS SEROLÓXICOS A TODO O PERSOAL DOS CENTROS EDUCATIVOS SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS ANTES DO INICIO DE CURSO
- FSIE DÁ IMPULSO Á ESCOLARIZACIÓN EN CENTROS CONCERTADOS E PRIVADOS QUE IMPARTEN BACHARELATO COA CAMPAÑA "A PORTA AO TEU FUTURO"
- ACÓRDASE FLEXIBILIZAR O PERÍODO DE ADAPTACIÓN PARA O ALUMNADO DE INFANTIL AO COMEZO DO VINDEIRO CURSO 2020-21