FSIE 40 años

FSIE PECHA A CELEBRACIÓN DO SEU 40 ANIVERSARIO COA XORNADA COS LIBERADOS NA QUE HISTORIA, PRESENTE E FUTURO ESTÁN MOI PRESENTES

 
Captura de pantalla 2017 11 22 40anosfsieOs case 200 liberados de FSIE déronse cita en Madrid este 21 e 22 de novembro para a celebración do 40 Aniversario da organización e para participar nunha xornada dedicada a falar de historia, presente e futuro. O relatorio "A maxia da comunicación", do mago Jorge Luengo, abriu o encontro.

Palabras como confianza, intuición, xuntos, retos, superación, innovación ou ilusión foron as que guiaron unha posta en escena chea de "maxia", e que incidiu na necesidade de traballar de forma constante, sen renderse, aproveitando as oportunidades e afrontando novos retos para sempre ofrecer a mellor versión dun mesmo e lograr as metas propostas, que en FSIE pasan pola mellor defensa posible dos dereitos de todos os profesionais do sector do ensino privado e atención ás persoas con discapacidade aos que a organización dá voz.

FP: FSIE ESTREA O SEU NOVO BOLETÍN INFORMATIVO SOBRE FORMACIÓN PROFESIONAL

Captura de pantalla 2017 11 20 a las 12.53.59FSIE está de estrea. Dado o seu compromiso coa Formación Profesional e a ampliación da súa actividade en todos os foros de promoción desta formación, FSIE pon en marcha o seu novo boletín de FP - "FSIE Formación Profesional" -, cuxo obxectivo é informar de todas as iniciativas e accións que a organización leve a cabo neste ámbito.

Xa podes descargar o primeiro número nos documentos relacionados.


Documentos relacionados
FSIE Formación Profesional 1

 

 Banner Decalogo2

Temos 75 anónimos e ningún membro en liña