FSIE 40 años

O CONSELLO ESCOLAR DO ESTADO APROBA UNHA EMENDA DE FSIE PARA QUE HAXA UN ESTATUTO DOCENTE PARA TODOS

O Consello Escolar do Estado procedeu a realizar o informe preceptivo sobre o anteproxecto da LOMCE. FSIE presentou varias emendas de gran importancia sendo aprobadas un número elevado das mesmas.

FSIE, único sindicato representante do profesorado do ensino privado e concertado na Permanente do Consello Escolar do Estado, presentou á mesma a emenda que a continuación se reproduce literalmente e que foi aprobada tanto pola Permanente como polo Pleno e que foi remitida xunto co resto do Informe ao Ministerio de Educación.

NOS PRESUPOSTOS XERAIS DO ESTADO PARA O 2013 OS MÓDULOS DE CONCERTOS SON OS MESMOS QUE NO 2012, ANTES DE SEREN APLICADOS OS RECORTES ESTABLECIDOS NO RD 20/2012

O Consello de Ministros extraordinario aprobou o pasado xoves 27 de setembro o Proxecto de Orzamentos Xerais do Estado para 2013. O sábado 29 de setembro foi presentado ante o Congreso dos Deputados e publicado o proxecto na súa páxina web.

Sen ningunha dúbida, o máis destacado na súa primeira lectura para o sector do ensino concertado é que as cantidades establecidas no Anexo IV para os módulos dos concertos educativos, son as que existían antes do RD 20/2012 publicado no BOE de 14 de xullo.

FSIE, nada máis publicarse este Real Decreto, comezou conversacións co Ministerio de Educación e co Partido Popular para evitar que nos PXE de 2013 se nos volvesen aplicar este recortes, o que sucedería se o Goberno conxelase os módulos establecidos o 14 de xullo.

 Banner Decalogo2

Temos 242 anónimos e ningún membro en liña