FSIE 40 años

O PACTO EDUCATIVO É NECESARIO COMO MARCO PARA ABORDAR OUTRAS CUESTIÓNS COMO A PROFESIÓN DOCENTE OU OS CONCERTOS EDUCATIVOS

Captura de pantalla 2016 06 13 a las 13.58.51Este luns 13 de xuño presentáronse en Madrid os "Papeis para un Pacto Educativo", uns papeis que na mesma presentación se advertía que están en período de elaboración, e en todo caso, abertos a suxestións, críticas e achegas. Carmen Pellicer e José Antonio Marina, coautores deste borrador dun futuro pacto, foron os encargados de presentar unha visión xeral sobre a situación do noso sistema educativo, prestando atención aos puntos que o acordo debería abordar e debuxando algúns dos principais escollos a superar se queremos alcanzalo.

FSIE E AULA SIENA ALCANZAN UN ACORDO PARA OFRECER DESCONTOS EN CURSOS PARA PROFESIONAIS DA ENSINANZA

Captura de pantalla 2016 06 02 a las 13.37.43FSIE e Aula Siena convértense en aliados e asinan un convenio para ofrecer aos afiliados da organización importantes vantaxes nos cursos especializados que Aula Siena realiza e que están dirixidos especialmente aos profesionais do ensino.

Só por ser de FSIE obterás un 15% de desconto no curso elixido. Aula Siena conta cunha experiencia dilatada de máis de 30 anos e ofrece unha formación de alta calidade enfocada á actualización de todos aqueles que se dedican á educación, sempre pensando nas necesidades de hoxe e proxectándose cara ás necesidades do futuro.

As principais características que distinguen os cursos que podes atopar na plataforma de Aula Siena son, por unha banda, que o profesorado é de recoñecido prestixio nas súas áreas, outorgando ás clases un importante valor engadido que se deriva do seu coñecemento experto e, por outro, a vocación eminentemente práctica de todos os cursos, sempre actuais e focalizados en dar ao alumno as ferramentas para que o aprendido a nivel teórico sexa unha realidade. Podes coñecer os cursos entre os que podes elixir aquí

 Banner Decalogo2

Temos 277 anónimos e ningún membro en liña