FSIE 40 años

Senado dic

Aínda que hoxe se aprobou o Relatorio na Comisión do Senado para trasladar a Lei ao Pleno sen admitir ningunha emenda e podela aprobar en tempo marca o próximo 23 de decembro, a concertada non vai permanecer calada ante esta demostración de falta de espírito democrático de quen impulsou a LOMLOE. Así, chamamos á mobilización de todos os cidadáns o próximo 20 de decembro para que acudan ás concentracións de vehículos organizadas en case todo o territorio español.

O veto que en todo momento impuxeron á participación da sociedade civil no trámite da Ley Celaá non conseguiu silenciar a unha parte moi numerosa da cidadanía, que non deixou de denunciar os prexuízos que esta lei vai ocasionar ao noso sistema educativo e á sociedade en xeral. A mellor proba diso é o apoio das case dous millóns de firmas que a Plataforma conseguiu en menos de dous meses e que entregou no Senado o pasado 16 de decembro.

Grazas ao enorme apoio colectivo que día a día está a recibir a Plataforma, non se vai lograr silenciar á ensinanza concertada. Por iso, animamos a todos os cidadáns a que sigan manifestando o seu rexeitamento e acudan o vindeiro domingo 20 de decembro ás manifestacións de vehículos organizadas por Más Plurales en case todo o territorio nacional e así tinguir de laranxa as súas rúas.

Más Plurales lembra que a aprobación da LOMLOE non será o final, xa que continuará desenvolvendo iniciativas en todos os ámbitos necesarios para defender os dereitos e a liberdade de ensino fronte a unha lei partidista que é tan inxusta e discriminatoria para unha parte importante do sistema educativo e a sociedade civil.

Documentos relacionados

Nota de Prensa

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 42 anónimos e ningún membro en liña