FSIE 40 años

Ley Fp 2


No día de hoxe, o Ministerio de Educación y Formación Profesional convocou un foro virtual na súa canle de Youtube, titulado "Una nueva ley para una nueva Formación Profesional". Este evento foi aberto pola propia ministra Isabel Celaá. En primeiro lugar, fixo unha descrición do que desde o ministerio entenden que necesita hoxe a Formación Profesional para o seu futuro. En palabras da ministra, en España necesitamos, polo menos, duplicar a porcentaxe de persoas con cualificación intermedia.

Para iso, prevé un deseño do modelo estrutural da Formación Profesional baseada en dous alicerces:

     - Acreditación da competencia dos profesionais con independencia da vía pola que se adquiriron.

     - A formación permanente e a recualificación dos traballadores e traballadoras que permita a adaptación dos mesmos ás condicións en cada momento.

Para iso, anuncia a creación dun sistema único integral para todo o público obxectivo: mozos con nova formación, e adultos con necesidade de recualificación, elaborando así unha oferta formativa integral. Segundo a ministra, a nova lei regulará, entre outras cousas:

     - O modelo de formación profesional e a oferta de formación.

     - O recoñecemento das vías non formais de acreditación profesional.

     - A adaptación da FP Dual ao tecido empresarial do país.

     - O papel da empresa na Formación Profesional.

     - O sistema nacional de cualificacións.

Neste proceso, anunciou a creación de grupos de traballo participativos e unha caixa de correos online para que calquera poida facer achegas.

En FSIE apostamos pola modernización e a mellora da Formación Profesional como base para ter máis xente cualificada e empregos de maior calidade. A ministra indica que esta nova regulación "porá no centro á persoa e as súas necesidades de formación"; con todo, en FSIE pensamos que ademais hai unha peza fundamental que tamén hai que ter en conta, que é o conxunto de profesionais dos centros educativos de Formación Profesional. Para que todo isto bote a andar, esperamos que na nova lei e na súa memoria económica se contemple:

     - Un plan de formación continua incentivado para que o profesorado de todos os centros que conformamos o sistema educativo (tanto concertados como públicos) se poida adaptar en cada momento ás necesidades educativas das novas cualificacionóns profesionais.

    - Un incremento nos persoais de centros concertados e públicos que permita, entre outras cousas, poder dedicarse a establecer relacións de colaboración coas empresas da contorna.

    - Un investimento na mellora e modernización das infraestruturas de todos os centros de Formación Profesional, sexa cal for a súa titularidade.

En FSIE esperamos impacientes a que se abra o proceso participativo para poder achegar a nosa visión que non é outra que a dos profesionais dos centros, e facer chegar a nosa contribución para tentar mellorar na medida do posible a redacción da nova lei.

Podes ver o Foro completo aquí.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 49 anónimos e ningún membro en liña