FSIE 40 años

CartelA3 Dia Internacional Discapacidad 3Dic gallego

A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza súmase un ano máis á celebración do Día internacional das Persoas con Discapacidade co fin dar visibilidade aos dereitos das persoas con discapacidade e concienciar sobre o seu papel esencial na construción dunha sociedade máis igualitaria e inclusiva.

Día internacional das Persoas con Discapacidade foi declarado en 1992 pola Asamblea General de las Naciones Unidas e instaurouse co obxectivo de promover os dereitos e o benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e dar a coñecer a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural. Este ano o tema elixido polo seu órgano impulsor enmárcase na Agenda 2030 e é a "Participación e o liderado das persoas con Discapacidade", centrándose no empoderamento das persoas con discapacidade como cuestión esencial para lograr un desenvolvemento das sociedades inclusivo, equitativo e sustentable que facilite a consecución do dezasete Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS).

Nun ano especialmente complexo debido á pandemia mundial por Covid-19, a Organización das Naciones Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (UNESCO) quixo ademais pór o foco na oportunidade que nos brinda esta crise sanitaria para reconstruír os nosos sistemas socioeconómicos promovendo diversas accións en torno ó lema "Reconstruír mejor: hacia un mundo inclusivo, accesible y sostenible después de la COVID-19 por, para y con las personas con discapacidad".

Desde FSIE, entidade firmemente comprometida co sector da atención a persoas con discapacidade, quixemos sumarnos a este día conmemorativo lanzando a campaña "Sumemos capacidades, Sumemos diversidades" para reivindicar a participación plena e o liderado das persoas con discapacidade na sociedade. Con este lema queremos facer un chamamento á cidadanía e aos axentes sociais e políticos sobre a importancia de integrar, real e efectivamente, as diversas capacidades na sociedade atendendo e respectando as necesidades, dereitos e desexos das persoas con discapacidade.

A ansiada construción de sociedades inclusivas e igualitarias, nas que estean garantidos os dereitos de todas e todos, pasa necesariamente pola incorporación activa das persoas con discapacidade no desenvolvemento de melloras sociais que lles permitan gozar das mesmas liberdades alcanzando así unha inclusión plena a nivel social, laboral, de lecer e familiar.

Por todo iso, desde FSIE queremos ademais reclamar ás administracións públicas e axentes políticos que cumpran coa obrigación de aplicar as recomendacións da Convención Internacional sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade de 2006. Ter en conta estas directrices é esencial á hora de adoptar medidas efectivas e pertinentes que aseguren ás persoas con discapacidade o goce de todos os seus dereitos, incluído o acceso a unha educación de calidade e adaptada ás súas necesidades, e dunha vida plena e digna en condicións que fomenten a súa autonomía e desenvolvemento individual.

Documentos relacionados

Día Internacional das Persoas con Discapacidade_Cartel

Día Internacional de las Personas con Discapacidad_Post Twitter

Día Internacional de las Personas con Discapacidad_Post Facebook

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 188 anónimos e ningún membro en liña