FSIE 40 años

Cartel A3 Dia maestro nov 2020 Gallego

Este 27 de novembro, Día do Mestre, a Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza quere homenaxear a todas as mestras e mestres recoñecendo a importancia do traballo que desempeñan e agradecendo a súa vocación e compromiso. Coa Campaña "Porque a vosa pegada marca o principio do camiño Grazas Maestr@s!" preténdese ademais pór de relevo o gran impacto e influencia que ten o labor docente nos primeiros anos de vida.

Esta xornada conmemorativa está dedicada aos docentes españois e celebra o patrón dos profesores, San José de Calasanz, sacerdote, pedagogo e considerado o precursor da educación moderna como fundador da primeira escola cristiá popular e gratuíta de Europa.

Nun ano especialmente difícil e marcado pola pandemia mundial por coronavirus, desde FSIE queremos agradecer a todos os mestres o inxente esforzo que realizaron, e realizan, para dar continuidade á actividade docente garantindo a seguridade e saúde dos seus alumnos e o seu acceso a unha educación de calidade por igual.

Ademais, queremos aproveitar a ocasión para facer un chamamento á sociedade en xeral, e aos axentes sociais e políticos en especial, sobre o papel fundamental da educación para o progreso e o desenvolvemento dunha sociedade sustentable, igualitaria e inclusiva. A crise sanitaria debido á Covid-19 puxo de relevo as numerosas deficiencias do noso sistema educativo, como a fenda dixital, demostrando que é imprescindible acometer unha reforma do mesmo a fin de garantir unha educación de calidade e que chegue a todos en igualdade de condicións. Para todo iso, FSIE quere lembrar que, ademais dun incremento do financiamento que garanta a provisión suficiente de todos os recursos necesarios, non se pode descoidar baixo ningún concepto o alicerce fundamental que sostén o sistema educativo, os profesores.

Pola súa banda, FSIE mantén o seu compromiso de seguir traballando para poder garantir aos profesionais da ensinanza concertada, privada e de atención a persoas con discapacidade, unhas condicións laborais e salariais dignas, xustas e acordes á profesionalidade, calidade e esixencia coa que eles desempeñan o seu labor.

Documentos relacionados

Cartel_Día do Mestre

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 186 anónimos e ningún membro en liña