FSIE 40 años

Teletrabajo 1

No día de onte publicábase no Boletín Oficial do Estado o Real Decreto-Ley 28/2020 de 22 de setiembre de trabjo a distancia. A xeneralización do teletraballo como consecuencia das restricións e medidas de contención da pandemia postas en marcha o pasado mes de marzo, puxo de manifesto a necesidade dunha regulación específica do traballo a distancia e, en concreto, do teletraballo.

O texto establece que se considerará teletraballo a forma de organización ou de realización do traballo mediante as tecnoloxías da información no marco dun contrato, ou dunha relación laboral, na que un traballo que tamén podería realizarse nos locais da empresa se executa fóra destes con carácter regular.

Entenderase que é regular o traballo a distancia que se preste, nun período de referencia de tres meses, un mínimo do trinta por cento da xornada ou a porcentaxe proporcional equivalente en función da duración do contrato de traballo.

Esta nova normativa, na liña do Acuerdo Marco Europeo sobre Teletrabajo de xullo de 2002 e revisado en 2009, vén proporcionar unha regulación suficiente, transversal e integrada para dar resposta ás diversas necesidades que xorden no uso destas novas formas de prestación de traballo por conta allea, equilibrando as vantaxes que supoñen para as empresas e as persoas traballadoras. Supón por tanto un marco xeral que busca outorgar ás persoas traballadoras a distancia a mesma protección global que ás que exercen as súas actividades nos locais da empresa.

No contexto actual da crise sanitaria por COVID-19 non podemos descartar que a medio ou longo prazo se expoñan de novo escenarios nos que esta normativa sexa de aplicación á actividade do noso sector. Por iso FSIE, en colaboración cos seus servizos xurídicos, está a estudar a fondo este novo Decreto para determinar como e en que aspectos pode chegar a afectar o sector do ensinanza concertada, privada e de atención a persoas con discapacidade.

Documentos relacionados

Real Decreto-Ley 28/2020 (BOE, 23-9-2020)

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 856 anónimos e ningún membro en liña