FSIE 40 años

CongresoDiputados Interior

A Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza (FSIE) lamenta que nestes momentos de excepcionalidade o Goberno e o resto de Grupos Parlamentarios non dean mostras dunha mínima predisposición ao diálogo e ao consenso e solicita que os Presupuestos Generales del Estado contemplen un incremento significativo no financiamento para facer fronte ás necesidades que xurdiron como consecuencia do COVID-19 en todos os centros sostidos con fondos públicos.

Nas últimas semanas, e coincidindo un inicio de curso inédito e infestado de incerteza, o Goberno comezou a súa rolda de contactos co resto de forzas políticas a fin de solicitar apoios para os próximos Presupuestos Generales del Estado.

Desgraciadamente puidemos constatar, a pesar da delicada situación que atravesa o país, que o clima de tensión e confrontación que vimos padecendo desde o comezo desta lexislatura parece ser a constante que rexerá o novo curso político.

Ademais, membros do Goberno propoñen para os próximos Presupuestos, a conxelación de salarios e mesmo o recorte dos mesmos tanto dos funcionarios como dos profesionais do ensino concertado. Esta é a forma na que o Goberno apoia ao colectivo e recoñece o enorme esforzo que están a realizar os docentes e non docentes do sistema educativo.

Aínda por riba, acabamos de coñecer a intención do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones de endurecer as condicións de acceso á xubilación anticipada. A realidade, denunciada reiteradamente por FSIE, é que no noso sector o Goberno xa viña impedindo a renovación dos persoais obrigando na práctica a docentes e non docentes a permanecer nos seus postos de traballo ata a xubilación total. Este anuncio supón un novo pau para os profesionais da educación concertada, privada e de atención ás persoas con discapacidade que ven unha vez máis como o Goberno lles impide alcanzar unha xusta mellora dos seus dereitos laborais.

FSIE rexeita calquera medida que supoña a conxelación ou recorte das condicións laborais e salariais dos profesionais do sector e solicita ao Goberno que descarte calquera iniciativa deste tipo. Ademais, no seu compromiso de preservar e defender os intereses do colectivo, solicitará ao resto de partidos políticos que non apoien uns Presupuestos que supoñan prexudicar de forma tan inxusta aos traballadores.

FSIE considera que para poder afrontar as consecuencias da crise sanitaria debido á COVID-19, a sociedade no seu conxunto, e o sector da educación concertada, privada e de atención ás persoas con discapacidade en particular, necesitan un proxecto de reconstrución socioeconómico sólido, consensuado e que cumpra coa máxima, tan repetida nos últimos meses polo Executivo, de "non deixar a ninguén atrás". Proxecto para o que é vital a elaboración e aprobación duns PGE adecuados á realidade actual.

Por iso, desde FSIE esiximos/solicitamos ao Goberno e ao resto das formacións políticas que atopen o espazo tan necesario de diálogo para xuntar forzas e acordar uns Presupuestos cruciais para afrontar as consecuencias da pandemia mundial. Irrenunciablemente, estes PGE deben contemplar un incremento de financiamento en Educación que permitan garantir a provisión de medios suficientes a todos os centros sostidos con fondos públicos, os seus traballadores e alumnado en todo o territorio nacional, para adoptar as novas medidas de Seguridade e Hixiene para facer fronte á COVID-19.

FSIE considera que a repartición dos 2.000 millóns do Fondo COVID ás CC.AA., dos cales 400 son para universidades, non serán suficientes para cubrir as necesidades dunha crise sanitaria que, a tenor da súa evolución nos últimos meses, non está próxima ao seu fin. Ademais, a xeneralidade na asignación deste fondo extraordinario non obriga ás CC.AA. a empregalo unicamente na loita contra a COVID19 nin a distribuílo de maneira igualitaria entre todos os centros sostidos con fondos públicos, deixando en mans de cada goberno autonómico o tratamento que reciba o ensino concertado, os seus profesionais, alumnado e familias que supoñen o 25% do sistema educativo.

Por tanto, desde FSIE reclamamos un incremento do financiamento que debe reflectirse nunha subida de todos os conceptos do módulo de concerto para asegurar:

  • A provisión de recursos materiais, sanitarios e de hixiene necesarios para cumprir coas recomendacións sanitarias.

  • A incorporación do persoal suficiente, docente e non docente, para adaptar os centros ás novas medidas de distanciamento social e lograr a necesaria baixada de cocientes, especialmente na concertada, mellorando así a calidade da educación e garantindo a seguridade e saúde de profesionais e alumnado.

  • A inclusión definitiva do PAS no pago delegado para garantir unhas condicións dignas a un persoal tan necesario na organización e planificación dos centros educativos.

  • A incorporación de persoal sanitario nos centros co obxectivo de evitar que a xestión de casos e a toma de decisións de índole sanitaria recaia sobre o persoal do centro.

  • A aplicación dunha subida que, tras a producida en 2019, veña a supor a recuperación do poder adquisitivo perdido desde a anterior crise económica e a tan reivindicada equiparación salarial dos traballadores da concertada cos seus homólogos da pública.

  • Medidas específicas para os centros de educación especial, os seus traballadores e alumnado, sector especialmente afectado pola pandemia, as restricións da educación presencial e as novas medidas de seguridade e hixiene.

  • Medidas económicas de apoio ao sector da Educación Infantil para evitar o peche de moitas empresas e a perda de miles de postos de traballo.

Documentos relacionados

Nota de Prensa_Presupuestos Generales del Estado

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 44 anónimos e ningún membro en liña