FSIE 40 años

Boletin Acuerdo Interterritorial

FSIE considera que non se avanzou practicamente nada e mantense a mesma intranquilidade e incerteza que ao finalizar o curso.

A pesar de que existiu unha clara mensaxe da comunidade educativa esixindo ao Ministerio de Educación e as Comunidades Autónomas a necesidade de alcanzar acordos homoxéneos nos criterios de actuación para o comezo, organización e desenvolvemento do curso escolar 2020/21, o Acordo pechado onte mantén a indefinición en moitos aspectos e non transmite confianza nin seguridade aos profesionais, familias e alumnado.

Como declararon varios Conselleiros de Educación, o documento foi apoiado porque non achega nada novo, con isto queda dito todo.

  • Non se fixou a necesaria redución de cocientes e mantéñense números de alumnos por aula que contradín as propias normas de distanciamento e seguridade que se decretan polo Goberno e as Autonomías para outros ámbitos sociais e laborais.

  • Non hai medidas para Educación Infantil, Formación Profesional ou Educación Especial, ámbitos educativos que polas súas características necesitan normativa específica.

    Non se determinan criterios concretos para adoptar decisións sobre o peche de aulas e centros nin a actuación concreta ante contaxios e contactos de alumnos por unha banda e profesorado e PAS por outro.

  • Mantense o inicio do curso e sen ter en conta a reiterada posición da OMS desaconsellando a apertura dos colexios en zonas con alta transmisión do virus situación que se está dando en varias zonas.

  • Non se acorda un investimento económico de carácter finalista, extraordinario e temporal, que permita a contratación do número suficiente de profesionais para desdobrar grupos, atender ao reforzo que necesitan moitos alumnos, aumentar o número de orientadores, incrementar o persoal de limpeza, incorporar persoal sanitario ou garantir a dotación tecnolóxica necesaria para docentes e todo o alumnado.

  • A decisión e responsabilidade de adoptar medidas académicas de adaptación curricular e programática déixanse en mans dos centros educativos sen ningunha orientación nin directriz homoxénea.

  • Non se abordou nin resolveu o grave problema da conciliación familiar e laboral ante os seguros peches de aulas e centros que se van ir producindo.

FSIE é firme partidaria da educación presencial pero sempre que esta se poida desenvolver nun marco de seguridade máxima para os profesionais, docentes e non docentes, e alumnado. Seguen faltando moitas medidas fundamentais para asegurar e preservar co máximo de garantía posible a saúde da comunidade educativa nos centros. Perdeuse outra gran oportunidade e esta situación prodúcese a falta de 4 días para o inicio do curso escolar.

 

Documentos relacionados

Boletín FSIE_Resumen Acuerdo Interterritorial

Documento oficial_Acuerdo Interterritorial

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 346 anónimos e ningún membro en liña