FSIE 40 años

BOE 242020Real Decreto-ley 24/2020, de 26 de junio, de medidas sociales de reactivación del empleo y protección del trabajo autónomo y de competitividad del sector industrial foi publicado o pasado día 27 de Xuño no Boletín Oficial do Estado. Nel establécese o marco legal para o desenvolvemento de diversas medidas adoptadas durante a crise sanitaria para a protección do emprego como é a aplicación de ERTES.

No texto detállase nova regulación para os diferentes tipos de ERTE, quedando estendidos os solicitados por forza maior, en virtude do artigo 22 do Real Decreto-lei 8/2020, de 17 de marzo, e os ERTE por causas económicas, técnicas, organizativas e de produción (ETOP), ata o 30 de setembro de 2020.

Ademais, o RD 24/2020 establece no seu artigo 2 a posibilidade de que empresas que se vexan afectadas por novas restricións ou medidas de contención debido a un rebrote poidan acollerse a certas medidas de exoneración, previa autorización dun expediente de regulación temporal de emprego de forza maior en base ao previsto no artigo 47.3 ET.

Igualmente, adáptanse medidas relacionadas cos ERTE como a protección por desemprego de traballadores afectados, a situación de persoas traballadoras incluídas nun ERTE que non sexan beneficiarias de prestacións de desemprego, as medidas extraordinarias de cotización e a extensión da cláusula de salvagarda do emprego que supón a prórroga da "prohibición" de despedimento e da interrupción do cómputo de contratos temporais.

Xa podes consultar o resumo elaborado por FSIE aquí.

 

Documentos relacionados

NdP_FSIE rechaza las decisiones adoptadas por la Comisión de Reconstrucción

 Banner Decalogo2

Temos 175 anónimos e ningún membro en liña