FSIE 40 años

Congreso Diputados1PSOE e Podemos exclúen ao ensino concertado das medidas de recuperación cando estes centros forman parte do sistema público de educación.

O documento sobre o que está a traballar a Comisión para a Reconstrución Social e Económica de España para afrontar as consecuencias da dura crise sanitaria e económica que estamos a sufrir recolle unha serie de medias para o sistema educativo.

PSOE e Podemos defenden que estas medidas só deben afectar ao ensino nos centros de titularidade pública, excluíndo das mesmas a todo o sector do ensino concertado que vén constituír case un 25% do sistema.

Dicía o Presidente Pedro Sánchez que esta pandemia non entendía de fronteiras nin ideoloxías e, desdicíndose unha vez máis das súas palabras, non tardou moito en considerar que esta situación non debeu afectar ós profesionais, alumnos e familias que elixiron unha opción distinta ao ensino público.

Acúsase falsamente ao sector de segregar, seleccionar e discriminar ao alumnado ou de impedir o acceso dos máis vulnerables aos centros cando resulta que as normas de admisión son exactamente as mesmas que nos centros públicos. O que propoñen agora desde a Comisión para a Reconstrución si é unha grave e inxusta discriminación dun 25% da cidadanía polo feito de non escoller un centro de ensino público.

Como se pode chegar a un Acordo de Reconstrución Social e Económica excluíndo a millóns de cidadáns polo feito de non pensar coma eles? Mellorar o ensino é unha obrigación dos responsables políticos e débeno facer tanto na rede pública como na concertada porque ambas forman parte do sistema público de educación. O que non deben facer é profundar nun enfrontamento que sempre interesa a unha parte e proceder dunha forma sectaria contra os cidadáns. Non hai ánimo de acordar e acordar senón de confrontar e impor. O ensino concertado non é o problema do sistema educativo, é parte da solución e garantía de que existe neste país liberdade e non imposición ideolóxica.

Confiamos en que rectifiquen e no documento final as medidas que se adopten sexan para todo o ensino sostido con fondos públicos sen exclusións.

 

Documentos relacionados

NdP_FSIE rechaza las decisiones adoptadas por la Comisión de Reconstrucción

 Banner Decalogo2

Temos 67 anónimos e ningún membro en liña