FSIE 40 años

ReunionFSIE participou, xunto co resto de organizacións sindicais e patronais do sector, en reunión da Mesa Sectorial de la Enseñanza Concertada convocada polo Ministerio de Educación y Formación Profesional.

A convocatoria contaba cun único punto na orde de día, as "Previsiones para el proceso de desescalada en el curso 2019/20 y perspectivas de escolarización para el curso 2020/2021" ademais dunha quenda de "Ruegos y preguntas".

Sobre as previsións para o que resta de curso, o Ministerio limitouse a expor de forma xeral a situación na que se atopan as diferentes comunidades autónomas e manifestou a súa confianza en que en todas elas se culmine o mesmo coa realización da ABAU.

En canto ás perspectivas para o inicio do curso 2020-21, o MEyFP considera imprescindible establecer plans de continxencia seguindo as orientacións do Ministerio de Sanidad e aplicando criterios específicos para o sector.

En liña co que xa propuxo FSIE, o Ministerio destacou a necesidade de priorizar os criterios sanitarios, destacando como medidas básicas a distancia entre alumnos, as medidas de hixiene e control sanitario, evitar aglomeracións, ventilación frecuente dos espazos, etc.

Desde o punto de vista académico, o Ministerio propón a adaptación dos currículos e as programacións dos diferentes cursos para impartir e reforzar algúns contidos correspondentes a este último trimestre. Ademais, ante as carencias detectadas desde o inicio da crise sanitaria, considera imprescindible dotar aos centros educativos do equipamento tecnolóxico necesario e proporcionar formación a profesorado e alumnado para a utilización de ferramentas e plataformas dixitais.

FSIE considera moi positivo que estas medidas expostas polo Ministerio estean na mesma liña de actuación que as propostas que lle remitimos hai uns días para a organización do curso 2020/21.

O noso Secretario Xeral, Javier Muñoyerro, aproveitou a súa intervención para incidir en temas que consideramos moi importantes cara á programación do próximo curso, entre os que destaca o incremento do financiamento para todos os centros soportados con fondos públicos. Desde FSIE consideramos imprescindible o devandito aumento para levar a cabo todas as medidas extraordinarias que requirirá a nova normalidade como son novos plans de prevención, incorporación de persoal de apoio, incremento do persoal docente e redución da carga lectiva, extensión do servizo de orientación a todos os niveis educativos, acondicionamento de espazos, adquisición de medios tecnolóxicos ou a incorporación de persoal sanitario, entre outras.

Por outra banda, FSIE espuxo a necesidade de regular o teletraballo de forma específica para o sector educativo, co consecuente control de xornada, dereito á desconexión dixital e con todas as garantías de privacidade recollidas no regulamento europeo sobre protección de datos.

Prevese que os plans de continxencia poidan estar terminados neste mes de xuño para ser revisados e adaptados nas Consellerías de Educación das CC.AA. FSIE espera que as medidas adoptadas sexan o máis homoxéneas posibles e estará vixiante para que a prioridade sexa en todo momento a seguridade e a saúde dos profesionais do sector, o alumnado e as súas familias.

FSIE solicitou tamén ao Ministerio que se estableza un calendario de negociación para que a Mesa Sectorial negocie e pacte todos os temas que desde hai tempo vén expondo FSIE e que deben ser abordados para mellorar a situación dos profesionais e centros do ensino concertado.

O noso Secretario General, Javier Muñoyerro, valora a reunión na "Tarde" da Cadea COPE. Escóitao aquí.

 

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 86 anónimos e ningún membro en liña