FSIE 40 años

Boletin 107 CEE INFORME2019A proposta de FSIE, o Consello Escolar do Estado no seu Informe 2019 recomenda:

  • Priorizar unha Lei da Función ou Profesión Docente para todos os profesionais.
  • Aprobar para educación e a atención a persoas con discapacidade a xubilación parcial que viña realizándose e que as administracións autonómicas negocien acordos para prorrogar as súas condicións máis favorables.
  • Que a Mesa Sectorial do Ensino Concertado estude as modificacións lexislativas que permitan establecer para o persoal de administración e servizos e o persoal complementario o sistema de pago delegado.
  • Determinar, previa negociación cos axentes sociais, a carga lectiva do profesorado seguindo o criterio de homoxeneidade entre profesorado de pública e concertada establecido polo Tribunal Constitucional.
  • Alcanzar un acordo de equiparación salarial do profesorado do ensino concertado coa pública nos conceptos salariais que establecen os Presupuestos Generales do Estado incluídos os sexenios.
  • Que a Comisión prevista na LOE determine o financiamento necesario dos módulos económicos dos concertos educativos para garantir a gratuidade a custo real do posto escolar.
  • A modificación e actualización do Real Decreto 2377/1985 sobre Concertos Educativos previa negociación na Mesa Sectorial da Enseñanza Concertada.
  • Que se programen e oferten suficientes prazas escolares de 0-3 anos en centros públicos e en corporacións locais, outras Administracións e entidades privadas sen fins de lucro mediante a subscrición dos convenios previstos na LOE.
  • A extensión do servizo de orientación aos niveis educativos de Primaria e 2º ciclo de Educación Infantil. O incremento e mellora dos actuais servizos de orientación en todos os centros sostidos con fondos públicos e un xusto e adecuado recoñecemento ao desempeño profesional e laboral que realizan estes profesionais.
Desde FSIE continuamos traballando polos teus dereitos e defendendo os teus intereses.

Documentos relacionados

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 65 anónimos e ningún membro en liña