Ministerio EducacionA Audiencia Nacional desestimou a impugnación levada a cabo pola Confederación Nacional de Centros Especiales de Empleo (CONACEE) na que solicitaban que se eliminase o ámbito funcional do texto, que non subscribiron.

A patronal impugnaba ademais o art. 29.2 do convenio por entender que restrinxe a libre competencia das empresas ás que eles representan que supoñen a maioría dos Centros Especiais de Emprego.

Na sentenza emitida o pasado 14 de Novembro o tribunal establece que o XV Convenio de Discapacidade é un convenio sectorial que incluíu, desde 2003 ata a data, os Centros Especiais de Emprego e está completamente lexitimado ao ser subscrito pola maioría da comisión negociadora.

Respecto ao artigo 29.2 o tribunal considera que o devandito artigo, a pesar de distinguir entre a CEE de iniciativa social e económica, non limita de ningún xeito a libre competencia nin vulnera o principio de igualdade xa que:

"Se trata de supuestos totalmente desiguales, porque los CEE de iniciativa social no tienen afán de lucro y reinvisten todos sus beneficios en la consecución de sus fines, los CEE de iniciativa económica tienen también por objeto lograr los máximos beneficios para sus dueños."