FSIE 40 años

d3mobile 2020A oitava edición desta iniciativa, promovida polo equipo de investigadores USCAN3D da Universidade de Santiago de Compostela (USC), segue fiel ao seu obxectivo fundamental de achegar as disciplinas STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas) aos estudantes dunha forma lúdica. Igual que en anteriores convocatorias poderán participar mozas de entre 13 e 18 anos en grupos, de 2 ou 3, que deberán estar liderados por un profesor.

Como en anteriores ocasións o que se necesita para participar é un teléfono móbil ou tablet, un PC ou MAC con Windows, Linux ou OSX e conexión a internet. Proporcionarase formación a través de guías on-line, o foro e vía correo electrónico.
Os participantes terán que elaborar modelos tridimensionais a escala, realizados a partir de fotografías tomadas co teléfono móbil ou tablet e empregando programas específicos gratuítos de Internet. O concurso terá tres probas aínda que cada equipo poderá decidir ata que fase concursar podendo desta maneira optar a diferentes premios. Estes van desde os 1.200€ para o equipo gañador a nivel mundial da categoría "Metrólogos" ou os 900€ do "Equipo de Artistas 3D", ata material de laboratorio, un equipo óptico de axuste de cor ou tablets para as restantes categorías.

O período de inscricións está aberto ata o 1 de Abril, prazo que terán os profesores para formalizar a preinscrición dos equipos a través da páxina web do certame. Unha vez realizada, estes xa poderán ter acceso aos enunciados das tres probas e ao foro do campionato, para comezar a configurar o equipo e planificar o seu traballo e o dos alumnos participantes. Os gañadores daranse a coñecer a primeiros do mes de xuño de 2020 estando prevista a entrega dos premios para finais do mesmo mes.

Consulta a Guía rápida do certame e o vídeo promocional ou accede á súa web para máis información.

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 70 anónimos e ningún membro en liña