FSIE 40 años

WhatsappA Federación de Sindicatos Independientes de Enseñanza celebra o Día Mundial do Docente sumándose, un ano máis, á iniciativa promovida pola Unesco que nos convida a reflexionar sobre os desafíos pendentes e as maneiras de facerlles fronte co fin de promover a profesión docente.

Nesta ocasión, a Organización das Naciones Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura pón o foco nas novas xeracións de profesores coa lema "Mozos Docentes, o futuro da profesión", pondo o acento na preocupante escaseza de docentes a nivel mundial.
Nun informe recente, a organización internacional destaca a existencia dun fenómeno global determinante como é a perda de prestixio e autoridade que sofre a figura docente e identifica o principal reto que debemos enfrontar a curto prazo: como atraer e reter na práctica a unha nova xeración de profesores?.

Os baixos salarios, os repetidos ataques aos seus dereitos laborais e as presións derivadas de currículos anticuados e continuas reformas educativas son algúns dos factores comúns que se detectaron como precursores do degaste e descontento dos docentes a nivel global. Por iso, FSIE reafirma o seu compromiso de seguir traballando para mellorar e garantir aos profesionais do ensinanza concertada, privada e de atención a persoas con discapacidade, unhas condicións laborais e salariais dignas, xustas e acordes á profesionalidade, calidade e esixencia coa que eles desempeñan o seu labor.

Desde FSIE queremos insistir, unha vez máis, na necesidade da creación dunha Lei da Profesión Docente que regule os dereitos e obrigacións de todos os profesionais da educación con independencia da natureza dos seus centros de traballo. Unha lei que garanta unhas condicións laborais dignas, que estableza os parámetros dunha formación inicial de calidade e adecuada ás necesidades reais dos docentes e que reflicta a importancia da formación permanente. Só desta maneira poderemos sentar as bases dun sistema educativo no que a figura do profesor recupere o respecto e o prestixio e no que se valore a importancia que a súa misión tén no desenvolvemento do tecido social que conformará as comunidades do futuro.

FSIE, pola súa banda, quere aproveitar a celebración deste día para agradecer a todas e todos os profesores a súa dedicación e compromiso e felicitarlles pola súa profesionalidade no desempeño dun labor tan importante e de tanta responsabilidade como é formar ás xeracións do futuro.

 

 

 Banner Decalogo2

Temos 115 anónimos e ningún membro en liña