FSIE 40 años

Firma InfantilEsta mañá asinouse o XII Convenio Colectivo de Centros de Asistencia y Educación Infantil. Dunha parte as organizacións sindicais FSIE, UGT e USO, e doutra as patronais ACADE, CECE, CECEI, EyG e FCIC ratificaron o acordado na última reunión da Mesa negociadora acabando desta forma con 7 anos de conxelación salarial.
A firma deste Convenio, ademais de conseguir unha subida salarial imprescindible para as traballadoras do sector, supón:

  • Conseguir que as traballadoras deste sector vexan incrementado o seu salario con subidas similares aos do resto de Convenios de Educación.

  • Ademais, logramos para as educadoras unha subida salarial do 5,54% en 2019, superior ao acordado no AENC.

  • As subidas salariais entrarán en vigor a día 1 do mes seguinte á firma do convenio.

  • As táboas salariais do 2020 e 2021 revisaranse acorde ao SMI e o IPC.

  • Evitar a absorción de todos os complementos ata alcanzar os 900 €/mes ou os 12.600 €/ano do SMI en aplicación do RD 1462/2018.

  • Bloquear as propostas presentadas pola patronal que pretendían empeorar as condicións laborais con:

  • A modificación da xornada laboral e redución dos días de vacacións.

  • A redución dos días de cobertura de incapacidade temporal.

  • A absorción e compensación do Complemento de Perfeccionamento Profesional (CPP).

  • As traballadoras dos centros de Xestión Indirecta terán unhas subidas de entre o 11,8 % e o 19,6 % o primeiro e o segundo ano respectivamente.

Desde que se dese a coñecer a existencia do preacordo FSIE insistiu en que, a pesar de non estar ante o mellor convenio que sería desexable, de non producirse a firma deste XII Convenio Colectivo de Centros de Asistencia y Educación Infantil:

  • Estariamos a condenar á maioría das traballadoras e traballadores do sector a cobrar só o SMI, xa que se absorberían e compensarían todos os complementos.

  • Impediriamos a actualización salarial nos novos concursos públicos de xestión indirecta, impondo dous anos máis de conxelación salarial ás traballadoras dos centros de Xestión Indirecta.

  • Provocariamos que naquelas Comunidades Autónomas que ofrecen algo de financiamento para o tramo de 0 a 3 anos, as contías fixásense en base aos salarios anteriores sen posibilidade de subida algunha.

FSIE quere reafirmar o seu compromiso co sector da Educación Infantil privada para o que seguiremos reclamando a gratuidade da educación de 0 a 3 anos, non só nos centros públicos, estendendo os concertos educativos aos centros privados homologados co fin de garantir a gratuidade do posto escolar para as familias.


Documentos relacionados

 Banner Decalogo2

Temos 114 anónimos e ningún membro en liña