FSIE 40 años

isabel celaa 1 640x384

A sesión celebrada onte, 8 de xaneiro, revela que non existe o necesario consenso nesta contrarreforma educativa que defende a ministra de Educación y Formación Profesional, Isabel Celaá. O informe presentado pola Comisión Permanente ante o Pleno, foi aceptado por unha exigua marxe de dous votos.

A maioría de organizacións destacaron o seu rexeitamento ás formas e ao procedemento seguido polo Ministerio na tramitación do seu Anteproyecto de Ley. O Pleno aprobou 120 emendas presentadas por distintas organizacións e, contrariamente ao manifestado polo Presidente do Consejo Escolar del Estado e polo propio Ministerio no seu comunicado de prensa, as emendas que se nos rexeitaron non pretendían continuar co espírito da LOMCE, senón mellorar o texto a partir do consenso e buscando acordos básicos.

Houbo moitas voces que lembraron ao Ministerio que está a caer nos mesmos erros que criticaron como oposición durante a tramitación da deostada reforma educativa anterior. Aínda que o Ministerio insiste en vender o diálogo e o consenso para sacar adiante a oitava lei educativa da democracia, son precisamente esas condicións as que máis se botan en falta.

Quen agora sosteñen ao Goberno provocaron no mes de marzo a ruptura dos traballos encamiñados a conseguir un Pacto pola Educación. Pouco despois, o pasado 14 de decembro, o Goberno leva o seu anteproyecto ao Consello de Ministros en primeira lectura, tras un trámite apresurado de audiencia e información pública totalmente desatendido polos responsables ministeriais e no que non se respectaron os prazos. É unha reforma exprés cun alto contido ideolóxico que responde a un interese político, electoral e partidista que non proporciona a estabilidade necesaria que require o sistema educativo. O sector da concertada lamenta a falta de vontade por alcanzar acordos neste sentido.

As organizacións do sector: Escolas Católicas, CECE, CONCAPA, COFAPA, FSIE e FEUSO, consideran que o acontecido onte no Pleno do Consejo Escolar do Estado constitúe unha chamada de atención ao Ministerio de Educación para que atenda as súas demandas e se aprobe unha lei de maior consenso, á vez que lembran as razóns que lles levaron a rexeitar o cambio na lexislación educativa española que propón o Goberno:

- Escúdase nunha urxencia que non existe e carece do máis mínimo consenso.

- Restrinxe o dereito das familias a elixir o tipo de ensinanza que queren para os seus fillos e asfixia o dereito á liberdade de ensinanza, relegando á escola concertada a un papel subsidiario.

- Non incorpora ningunha medida que mellore as condicións dos profesores dos centros concertados.

- Conculca o dereito á dirección de centro.

- Omite as necesarias previsións económicas para facer fronte ao custo real do posto escolar.

- Suprime as referencias á materia de Relixión e adopta algunhas medidas académicas de dubidosa eficacia.

Por todo iso, o sector da concertada espera que as súas propostas e emendas sexan atendidas, tal e como se comprometeu a facer o propio Ministerio de Educación, e esixe polo que realmente é urxente para o noso país: un verdadeiro consenso político e social en educación.

Documentos relacionados

Nota de Prensa conxunta Concertados

 Banner Decalogo2

Temos 58 anónimos e ningún membro en liña