Seguimos traballando para que no debate parlamentario se poidan alcanzar amplos consensos que melloren o Sistema Educativo.
FSIE mostrou a súa oposición ao anteproyecto de reforma educativa exposta polo Ministerio de Educación na sesión do Pleno do Consejo Escolar del Estado celebrada no día de hoxe.
O Secretario General de FSIE, Javier Muñoyerro, sinalou na súa intervención que o sindicato discrepa tanto co contido do actual texto, que recolle propostas que prexudican especialmente á ensinanza concertada e á liberdade de ensinanza, como coas formas nas que o Ministerio de Educación está a levar a cabo esta reforma que responde a un interese ideolóxico, electoral e partidista e non a unha urxencia do sistema educativo.
Para FSIE esta nova regulación non garante a liberdade de ensinanza nin o dereito de elección dos pais, convertendo á ensinanza concertada en subsidiaria da pública e esquecendo por completo a necesaria revisión dos concertos educativos. Tamén manifestamos que, co tratamento que se lle outorga á materia de relixión e á educación diferenciada, estar a incumprir acordos Internacionais vixentes subscritos polo Estado Español e contravindo sentenzas dos nosos propios tribunais de xustiza.
Esta reforma, como tamén destacou Javier Muñoyerro, esquece unha vez máis ao alumnado e sobre todo ao profesorado, alicerce fundamental do sistema educativo, ao non incluír ningunha mellora nin unha memoria de financiamento que permita garantir a gratuidade de ensinanza.
FSIE insistiu na urxencia dun Pacto Educativo que dea estabilidade e seguridade a todos os axentes implicados e que permita avanzar cara ao sistema educativo de calidade que a sociedade demanda e necesita. Apostando como sempre polo diálogo e a negociación, FSIE reitera a súa disposición a seguir traballando para mellorar un texto que nestes momentos non achega solucións ás problemáticas reais do sector e para lograr, facendo fincapé no pluralismo e a liberdade, un pacto social e político definitivo que afaste a educación de intereses partidistas e vaivéns electorais.